ALEXANDRIA: Desenvolvemento de técnicas e metodoloxías de inspección de danos e metroloxía dimensional de nova xeración para os sectores aeronáutico, ferroviario, naval e eólico

ALEXANDRIA: Desenvolvemento de técnicas e metodoloxías de inspección  de danos e metroloxía dimensional de nova xeración para os sectores aeronáutico, ferroviario, naval e eólico

Descrición

A inspección e o control de danos na fabricación e operación en servizo de compoñentes de elevadas dimensións e alto valor engadido en sectores como o eólico, ferroviario, aeronáutico, e naval comporta unha problemática común: a necesidade de altas cotas de fiabilidade e, polo tanto, da tecnoloxía de inspección de danos axeitada para a inspección e control de defectos.

A tecnoloxía de inspección dispoñible actualmente limítase a solucións de inspección manual, esixindo altos tempos de inspección sobre pezas de elevadas dimensións para poder garantir unha mínima fiabilidade, limitando a produtividade e a competitividade dos axentes da cadea de valor asociada a cada sector.

Con tal problemática diante, o presente proxecto formula o desenvolvemento de técnicas e metodoloxías novidosas de inspección, non destrutiva e sen contacto de danos, dirixidas a que senten a base para o desenvolvemento a medio prazo de solucións de inspección automatizadas, precisas, e fiables para os sectores eólico, ferroviario, aeronáutico, e naval, co obxectivo último de incrementar a súa competitividade dando un salto cualitativo en termos de produtividade, eficiencia, e fiabilidade.

Obxectivos

  • Abordar o labor científico-técnico necesario para o desenvolvemento de técnicas e metodoloxías novidosas para a dixitalización sen contacto 3D, baseadas en técnicas ópticas avanzadas, como a fotogrametría de alto rango, formulando un salto de precisión tanto cualitativo como cuantitativo neste tipo de técnicas.
  • Estudar a viabilidade dun equipo de inspección de freos e rodamentos para trens, á entrada e saída do taller.

Investigadores

Detalles

Data de execución:23/07/2009 - 31/12/2010
Consorcio
  • IK4-IDEKO (líder)
  • Airbus
  • Centro Español de Metrología (CEM)
  • Chizalosa
  • Construcciones Navales del Norte
  • Instituto de Acústica (IA), CSIC
  • Danobat
  • Dasel Sistemas
  • IberPrecis
  • Industria de Turbo Propulsores (ITP)
  • Innerspec
  • Instituto Tecnológico de Aragón
  • ISM3D
  • Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
  • NeoDyn
  • Nertus
  • Tune-Eureka
  • Universidad de Mondragón
  • Universidad de Zaragoza
  • Universidade de Vigo
  • CiTIUS
Financiado porSubprograma de apoyo a Proyectos Singulares y Estratégicos, Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN), PSE-020000-2009-010
Subprograma de apoyo a Proyectos Singulares y Estratégicos  Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN) Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Programas científicos