Análise automático de imaxes de retina e carótida: correlación entre microcirculación retiniana e macrocirculación cerebro-vascular

Análise automático de imaxes de retina e carótida: correlación entre microcirculación retiniana e macrocirculación cerebro-vascular

Descrición

As enfermedades cardio e cerebro vasculares son factores de risco establecidos para demencia e deterioro cognitivo. Ademais, as lesións cerebrais son un aspecto moi relevante no campo dos factores de risco cardiovascular, principalmente na hipertensión arterial (HTA). Actualmente, a fisiopatoloxía do vaso no paciente hipertenso pódese estudar a través de métodos non invasivos, que son máis útiles dende o punto de vista poboacional, como a ultrasonografía das carótidas, que permite medir o grosor da íntima-media (GIM). O GIM é unha medida da lesión da macrovasculatura subclínica e considérase que está intimamente asociado co detrimento das funcións cerebrais cognitivas. A súa correcta medición é, por tanto, un aspecto chave na determinación de posibles factores de risco para patoloxías como a HTA.
Por outro lado, as alteracións sufridas nos vasos da retina en xeral reflicten alteracións similares na rede cerebro-vascular asociadas a patoloxías de alta prevalencia na sociedade, tales como a hipertensión e a diabetes. En concreto, a alteración da relación de calibre entre as arterias e as venas (índice arterio venoso) e a aparición de pequenas lesións no fondo do ollo, os microaneurismas. No caso destas últimas, ademais, o seguimento das lesións é un factor importante para o establecemento do factor de risco do paciente.

Obxectivos

O obxectivo principal do proxecto é o desenvolvemento de metodoloxías baseadas en técnicas de visión artificial e procesado de imaxe que permitan detectar e medir de forma automática todas as variables asociadas por un lado á microcirculación retiniana e, polo outro, á circulación cerebral. Concretamente:

  • Cálculo automático do índice arterio-venoso: Comprende a clasificación automática e precisa dos vasos da retina en arteria ou vena e unha posterior selección automática da posición de medición do calibre vascular para o cálculo do índice.
  • Detección e seguimento de microaneurismas e neovascularización co tempo: En primeiro lugar abordarase a detección automática de microaneurismas (lesións vermellas) e da estrutura vascular. A continuación realizarase o seguimento temporal de aneurismas e neovascularización utilizando técnicas de rexistro de imaxes de retina xa desenvolvidas polo equipo de investigación e por última desenvolverase unha metodoloxía de análise de evolución temporal destas estruturas.
  • Medición automática do grosor íntima-media en imaxes de carótida: Comprende o desenvolvemento dunha metodoloxía adecuada para a segmentación das estruturas carotídeas a partir de imaxes de eco-doppler e a medición entre nodos de control do modelo deformable para realizar dita medición.
  • Por último, validación das técnicas desenvolvidas con pacientes reais, así como a súa posible incorporación ao estudo clínico de correlación obxecto do proxecto Relación entre microcirculación retiniana e microcirculación cerebral (PGIDIT10CSA918054PR).

Investigadores

    • Proxecto de
    • Grupo de visión artificial y reconocimiento de patrones (VARPA), Universidade da Coruña
    • Investigador principal externo
    • Manuel F. González Penedo

Detalles

Data de execución:01/01/2012 - 31/12/2014
Financiado porProyectos de Investigación Fundamental no Orientada, Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN), TIN2011-25476
Proyectos de Investigación Fundamental no Orientada  Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN)

Programas científicos