BIG-GEOMOVE: Análise de indicadores Big Geo-Data sobre viarios urbáns para o deseño dinámico de camiños escolares seguros

BIG-GEOMOVE: Análise de indicadores Big Geo-Data sobre viarios urbáns para o deseño dinámico de camiños escolares seguros

Descrición

O proxecto BIG-GEOMOVE expón a creación de novos indicadores que permitan a caracterización de viarias urbanos a partir de múltiples fontes de datos, por medio do emprego de técnicas de Big Data aplicadas a datos urbanos, e da análise xeoestatística.
O emprego destas técnicas facilitará a caracterización dos diferentes elementos das rúas (beirarrúas, pavimento, bordos, pendentes, escaleiras, arborado, etc.) así como do análise da percepción que os viandantes teñen sobre elas (establecementos, edificios, comodidade, contorna, etc.) que se recollen no concepto de walkability.
Para o desenvolvemento do proxecto empregaranse técnicas de captura e xeración de nubes de puntos (mediante sensores LiDAR e restitución fotogramétrica) para estudar e clasificar as xeometrías das rúas. Esta información vincularase con información socioeconómica e perceptiva composta tanto de información previa como doutra obtida mediante técnicas de valoración colaborativa (http://pulse.media.mit.edu ou http://emapic.es). Combinando esta información xeraranse “superficies de impedancia” co obxectivo de representar a dificultade das diferentes rutas, o cal facilitará a identificación de rutas óptimas.

Investigadores

    • Proxecto de
    • Grupo de Visualización Avanzada y Cartografía (Videalab/Cartolab) , Universidade da Coruña
    • Investigador principal externo
    • Alberto Varela García

Detalles

Data de execución:09/10/2017 - 08/10/2018
Financiado porAyudas para la investigación, desarrollo e innovación en materia de tráfico, movilidad y seguridad vial, Dirección General de Tráfico, SPIP2017-02340
Dirección General de Tráfico