Análise de viabilidade do algoritmo de identificación de vexetación e outros elementos artificiais na cunca hidrográfica

Análise de viabilidade do algoritmo de identificación de vexetación e outros elementos artificiais na cunca hidrográfica

Descrición

O obxectivo é realizar a partir da información obtida mediante sensores multiespectrais embarcados en UAVs a análise de viabilidade para a identificación en cuncas hidrográficas de vexetación con diferentes niveis de detalle e a identificación de outros elementos artificiais (camiños, carreteiras, construcións,...). Preténdese obter información que permita realizar un control da situación dos recursos hídricos superficiais, incluíndo augas embalsadas, e da presencia de vexetación en cuncas así coma de elementos construtivos

Obxectivos

Os obxectivos xerais que se pretende acadar coas actividades consideradas son as seguintes:


Obxectivo 1. Estudio de viabilidade da caracterización de vexetación facendo fincapé na vexetación de ribeira: Analizarase a viabilidade de realizar recoñecemento automático da vexetación de ribeira a partir de imaxe aérea en diferentes rangos do espectro óptico.
En concreto vamos a estudar se é posible recoñecer primeiro a zona de vexetación de ribeira autóctona nas marxes do río para posteriormente analizar se é posible distinguir entre:

  • Prado
  • Vexetación de ribeira (especies propias do río)
  • Plantación
  • Eucalipto

Obxectivo 2. Estudio de viabilidade de identificación e clasificación de elementos artificiais na cunca de xeito automático: Realizarase un estudio para determinar se é posible realizar recoñecemento automático de calquera elemento artificial na cunca do río a partir de imaxe aérea en diferentes rangos do espectro óptico.

 

 

Investigadores

    • Investigadores externos
    • Francisco Argüello Pedreira

Detalles

Data de execución:31/07/2018 - 31/12/2018
Financiado porCivil UAVs Initiative: Fase A, Xunta de Galicia,
Xunta de Galicia
Contratado por: Babcock
logo_babcock.png