BIGBISC: Aportando Intelixencia aos procesos de negocio mediante soft computing en escearios Big Data

BIGBISC: Aportando Intelixencia aos procesos de negocio mediante soft computing en escearios Big Data

Descrición

Nas últimas dúas décadas desenvolvéronse unha serie de sistemas para a xestión de procesos empresariais, cuxo obxectivo é automatizar, monitorear, analizar e optimizar os procesos implementados nunha organización. Non obstante, pódese dicir que a aplicación de técnicas de análise baseadas na Intelixencia Artificial aínda está bastante limitada polo momento no campo dos procesos de negocio.

O proxecto BIGBISC ten como obxectivo investigar novas técnicas informáticas de soft computing para dúas áreas fundamentais nos procesos empresariais:

  • En primeiro lugar, a obtención automática destes procesos en escearios complexos, desestruturados e con grandes volumes de datos.
  • En segundo lugar, desenvolvendo mecanismos para describir en linguaxe natural tanto os procesos como a información relevante dos mesmos, de maneira que poida comunicarse esta información de forma efectiva e comprensible aos axentes encargados da toma de decisións.

O proxecto definiu seis casos de uso reais relevantes, proporcionados por empresas ou organizacións de diferentes sectores produtivos, o que dá unha boa idea da utilidade e transversalidade do enfoque que propoñemos.

Ademais, no proxecto proponse un modelo de oferta dos algoritmos e técnicas que se expoñen seguindo o paradigma "como servizo", para o cal se desenvolverán capas de middleware para facilitar a execución de solucións algoritmicas en contornos cloud multi-provedor.

Obxectivos

O obxectivo do proxecto é desenvolver un conxunto de algoritmos de minería de procesos e data-to-text, baseados en técnicas de soft computing, os cales serán integrados nunha infraestrutura Bigmining as-a-Service para soportar intelixencia de negocio en escenarios Big Data. Tanto os algoritmos como a infraestrutura serán validados con varios conxuntos de datos correspondentes a diferentes escenarios e ámbitos de aplicación reais, a fin de demostrar a aplicabilidade das solucións propostas.
Este obxectivo xeral particularízase nos seguintes obxectivos específicos:

  1. Desenvolver algoritmos de minería de procesos para o descubrimento, simplificación e detección do cambio de procesos complexos nos que se xeran grandes volumes de trazas, empregando técnicas de agrupamento de trazas para reducir o tamaño dos problemas a abordar e facelos tratables.
  2. Desenvolver algoritmos baseados en técnicas data-to-text para a descrición en linguaxe natural de indicadores de negocio e modelos de procesos estruturados e non estruturados en escenarios de gran volume de datos, o que esixirá un novo modelo (Big) data-to-text que se adapte as características destes procesos e escenarios.
  3. Deseñar unha infraestrutura Big-mining-as-a-service para a integración flexible de algoritmos de intelixencia de negocio, en particular algoritmos baseados en minería de procesos e data-to-text, que garanta a súa dispoñibilidade e proporcionen os recursos computacionais precisos para a súa execución eficiente e de baixo custo.
  4. Demostrar a efectividade e a eficiencia das solucións en escenarios reais, en diferentes ámbitos de aplicación, con procesos estruturados e non estruturados, e con necesidades moi claras da análise do negocio e da especificación dos procesos.

Investigadores