ATRIO-USC: Análise de textos e recuperación de información para minaría de opinións: recuperación de información e aprendizaxe automática

ATRIO-USC: Análise de textos e recuperación de información para minaría de opinións: recuperación de información e aprendizaxe automática

Descrición

Cada vez é maior o número de consumidores que consultan a web para obter información de produtos antes de proceder á súa adquisición. Á hora de determinar a súa decisión de compra os clientes outorgan máis relevancia ao contido xerado polos usuarios cás páxinas dos fabricantes; por exemplo, os blogs onde persoas moi distintas expresan as súas opinións, críticas e experiencias sobre un produto e establecen comparacións con outros similares. Neste contexto, as ferramentas de minaría de opinións álzanse como un instrumento valioso, pois permiten aos consumidores agregar e resumir opinións, e aos fabricantes e distribuídores coñecer as valoracións dos seus usuarios. Con todo, as ferramentas de minaría de opinións existentes actualmente presentan dous grandes inconvenientes:

  1. aplican un coñecemento moi superficial dos textos, o que conduce a análises equivocadas e/ou confusas;
  2. a súa capacidade para xestionar textos en castelán é moi limitada ou nula.

Este proxecto propón combinar a experiencia dos equipos participantes en recuperación de información, procesamento da linguaxe natural e aprendizaxe automática para desenvolver novas técnicas que permitan recuperar e caracterizar opinións; extraer relacións e comparacións; combinar toda a información obtida; e determinar o sentido das opinións verquidas co español como lingua primaria de desenvolvemento. Deste xeito promociónase á comunidade hispanofalante ao primeiro nivel no ámbito de minaría de opinións e contribúese a diminuír a fenda dixital existente entre o inglés e as demais linguas.

Obxectivos

  • Definir as tecnoloxías precisas para executar técnicas de minaría de opinións sobre opinións expresadas en español.
  • Crear e compilar os recursos de apoio axeitados para tarefas de minaría de opinións sobre textos en español.
  • Deseñar e implementar métodos efectivos para localizar, obter e representar información baseada en opinión en lingua española.
  • Deseñar, implementar e avaliar técnicas eficaces de recuperación da información para obter fragmentos de opinións sobre unha temática determinada.
  • Deseñar, implementar e avaliar métodos para estimar a subxectividade de textos e a súa orientación e presentar resumos de opinións aos usuarios.
  • Desenvolver unha aplicación web que incorpore os métodos, recursos e técnicas descritos anteriormente e que ofreza opinións sobre consultas ou temáticas especificadas polo usuario.

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/01/2011 - 31/12/2011
Consorcio
  • Compiladores y Lenguajes (COLE), Universidade de Vigo (líder)
  • Grupo Lengua y Sociedad de la Información (LYS), Universidade da Coruña
  • CiTIUS
Financiado porProyectos de Investigación Fundamental no Orientada, Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN), TIN2010-18552-C03-03
Proyectos de Investigación Fundamental no Orientada  Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN)

Demostradores