QC4SUSTEX: Autentificación e seguridade de téxtiles sostibles e desenvolvemento de dispositivos para o control medioambiental efectivo na súa fabricación

Autentificación e seguridade de téxtiles sostibles e desenvolvemento de dispositivos para o control medioambiental efectivo na súa fabricación

Descrición

O sector da moda é consciente dos grandes impactos medioambientais que xera e, por iso, cada vez máis, as marcas buscan métodos de fabricación e materiais máis sostibles. Para iso resulta esencial desenvolver, entre outras, novas tecnoloxías baseadas en intelixencia artificial que permitan obter información útil dos procesos de produción téxtil e así mellorar a súa sustentabilidade.

Neste proxecto traballarase, entre outros aspectos, no desenvolvemento de solucións globais eficaces e comercializables para mellorar o control de calidade no subsector da moda sostible.

Obxectivos

Os principais obxectivos do proxecto son os seguintes:

  • O desenvolvemento de ferramentas para a autenticación en laboratorio de fibras e tecidos adheridos a declaracións ou certificacións de sustentabilidade no sector téxtil e do calzado.
  • O tratamento de imaxes e outros sinais para detectar a presenza de fibras rexeneradas ou recicladas en tecidos así como para cuantificar a xeración de microfibras.
  • A avaliación e mellora da seguridade dos materiais empregados na produción de moda sostible.
  • O desenvolvemento dun servizo integral chave en man que permita o control sobre o impacto ambiental nas augas de proveedores do sector téxtil.

Subproxecto con Mestrelab Research: Uso de tecnoloxías intelixentes para a detección de fibras e microfibras

O CiTIUS colaborará con Mestrelab no deseño, desenvolvemento e a validación de técnicas de visión artificial e aprendizaxe automática para: i) detectar fibras naturais rexeneradas ou sintéticas recicladas presentes nun tecido e ii) determinar a cantidade de microfibras que quedan retidas nun filtro de retención de lavado.

Investigadores

Subproxecto con Mestrelab Research: Uso de tecnoloxías intelixentes para a detección de fibras e microfibras

Detalles

Data de execución:01/01/2019 - 31/12/2020
Consorcio
  • Applied Mass Spectrometry Laboratory S.L.U (líder)
  • 2×Mil, Sociedade Cooperativa Galega
  • Mestrelab Research
  • Organistry Servicios de I+D
  • Xenotechs Laboratorios
  • CiTIUS
Financiado porConecta PEME, Xunta de Galicia, QC4SUSTEX
Conecta PEME  Xunta de Galicia Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)
PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"

Programas científicos