BIGCIDIA: Big data e ciencia de datos: retos na aplicacion da intelixencia artificial na análise de datos

BIGCIDIA: Big data e ciencia de datos: retos na aplicacion da intelixencia artificial na análise de datos

Descrición

Recentemente somos testemuñas dun crecemento masivo na cantidade de información que os sistemas informáticos son capaces de capturar e almacenar. Ao mesmo tempo, desenvolvéronse novas tecnoloxías de computación para xestionar con éxito tan vastas fontes de datos. A sinerxía entre ambos permitiu o establecemento do Big Data, que está asociado á análise e a interpretación de grandes volumes de datos para a extracción de coñecemento útil e valioso.

Por iso, campos como a Intelixencia Artificial en xeral, e a Aprendizaxe Automática en particular, evolucionaron significativamente. Big Data implica o deseño e desenvolvemento de novas ferramentas e algoritmos escalables para resolver as tarefas de xestionar, analizar, sintetizar, visualizar e sobre todo descubrir o coñecemento subxacente en datos masivos. Exemplos son as novas ferramentas baseadas en Spark, ou o uso de técnicas de Deep Learning.

Obxectivos

A finalidade desta Rede articúlase ao redor de varios eixos de estudo e debate, para potenciar e fortalecer a investigación dos grupos participantes:

  • Obtención de datos de calidade en contornas Big Data e Ciencia de datos.
  • Desenvolvemento de modelos de Big Data, Deep Learning e Ciencia de Datos de acordo ao ámbito real de aplicación.
  • Obtención de modelos interpretables en Big Data e Deep Learning.
  • Equidade dos datos, tratado de forma transversal nos diferentes eixos.
  • Aplicación das tecnoloxías de Big Data na nosa contorna socioeconómica e nos retos de Nacións Unidas (17 obxectivos para o desenvolvemento sustentable).

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/01/2019 - 31/12/2020
Consorcio
  • Universidad de Granada (líder)
  • Tecnalia R&I
  • Universidad Autónoma de Madrid
  • Universidad de Almería
  • Universidad de Burgos
  • Universidad de Castilla-La Mancha
  • Universidad de Córdoba
  • Universidad de Jaén
  • Universidad de Oviedo
  • Universidad de Sevilla
  • Universidad del País Vasco
  • Universidad Pablo de Olavide
  • Universidad Pública de Navarra
  • Universidade da Coruña
  • CiTIUS
Financiado porAcciones de dinamización «Redes de Excelencia», Subprograma Estatal de Generación de Conocimiento, Programa Estatal de Fomento de la Investigación Científica y Técnica de Excelencia, Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, RED2018‐102641‐T
Acciones de dinamización «Redes de Excelencia», Subprograma Estatal de Generación de Conocimiento, Programa Estatal de Fomento de la Investigación Científica y Técnica de Excelencia  Acciones de dinamización «Redes de Excelencia», Subprograma Estatal de Generación de Conocimiento, Programa Estatal de Fomento de la Investigación Científica y Técnica de Excelencia