BIVALPLUS: Mellora integral do ciclo produtivo da ameixa e o berberecho

Mellora integral do ciclo produtivo da ameixa e o berberecho

Descrición

BIVALPLUS ten como obxectivo principal incrementar a eficiencia e a rendibilidade do ciclo produtivo da ameixa babosa (Venerupis pullastra) e o berberecho (Cerastoderma edule), ao longo das súas distintas fases: cultivo en criadeiro, preengorde, depuración e transformación.

Subproxecto con Ariema: Sistema de monitorización e control dun campo de baterías

O CiTIUS colaborará con Ariema Enerxía no desenvolvemento dun sistema de monitorización e control de carga e descarga dun campo de baterías. O sistema será aplicado na xestión intelixente de enerxías limpas nunha batea experimental.

O conxunto aproveitará dúas fontes de enerxía renovable (mini-eólica e solar fotovoltaica) e incluirá dous sistemas de almacenamento de enerxía: un banco de baterías convencionais e un sistema de hidróxeno. Este último está composto de tres módulos: un electrolizador de auga que xerará hidróxeno en momentos puntuais de excedente de enerxía solar e/ou eólica, un depósito a baixa presión, que almacenará o gas, e un sistema de pila de combustible, que xerará enerxía eléctrica, cando quede pouca carga nas baterías. O prototipo, desenvolvido a xeito de demostrador, validarase in situ nunha batea experimental real; será de baixa potencia, e estará implementar con tecnoloxías de baixo custo.

Investigadores

Subproxecto con Ariema: Sistema de monitorización e control dun campo de baterías

Detalles

Data de execución:01/09/2013 - 31/12/2014
Consorcio
  • ANFACO-CECOPESCA (líder)
  • Aquanor
  • Ariema
  • Conservas Costas y Miñán
  • Europrecis Galicia
  • Infogric
  • Remagro
  • CiTIUS
Financiado porFEDER-INNTERCONECTA, Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), ITC- 20133078
FEDER-INNTERCONECTA  FEDER-INNTERCONECTA  FEDER-INNTERCONECTA  Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)