
Descrición
O CiTIUS forma parte dos 8 centros de investigación que foron acreditados como Centro de Investigación de Galicia no marco do programa de axudas para a acreditación‚ estruturación e mellora dos centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia. Este Programa‚ dependente da Consellería de Educación‚ Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia‚ está cofinanciado pola Unión Europea‚ no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020‚ co obxectivo temático de promover o desenvolvemento tecnolóxico‚ a innovación e unha investigación de calidade.
Obxectivos
Os obxectivos do CiTIUS para o período de vixencia da axuda estrutúranse en 2 categorías:
- Estratéxicos‚ que consisten nos obxectivos e accións do Plan Estratéxico 2020-2023. O seu principal obxectivo é o impulso á especialización do CiTIUS no ámbito das Tecnoloxías Intelixentes e o aliñamento da actividade do centro mediante un proxecto científico integrador.
- Científicos‚ asociados ao proxecto estratéxico de investigación do Centro titulado Tecnoloxías Intelixentes en cada paso. Este proxecto pretende dar resposta a algúns dos retos científicos no ámbito das Tecnoloxías Intelixentes ao longo dos vindeiros anos.
O proxecto no seu conxunto exponse dende unha visión integradora e multidisciplinar que procura ampliar o alcance e impacto dos resultados agardados e que atañe ao centro no seu conxunto. Este proxecto estratéxico contribuirá á mellora da actividade do CiTIUS no seu conxunto‚ mediante a internacionalización da actividade‚ a valorización e transferencia de resultados‚ a formación‚ atracción e desenvolvemento de talento‚ así como a divulgación de toda a actividade científica.
PO FEDER Galicia 2014-2020 “Unha maneira de facer Europa”
Investigadores
-
- Investigador principal
- Senén Barro Ameneiro
Detalles
PO FEDER Galicia 2014-2020 — Unha maneira de facer Europa


PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"