Control Intelixente distribuído para a interacción amigable con robots de custo reducido en ámbitos domésticos

Control Intelixente distribuído para a interacción amigable con robots de custo reducido en ámbitos domésticos

Descrición

O obxectivo deste proxecto é o deseño dun "espazo de control intelixente" que permita a coordinación de pequenos e grandes robots en ámbitos domésticos, e que cumpra dúas propiedades fundamentais de cara á súa posible explotación futura ou patente: a) ser amigable co usuario -calquera persoa podería instalalo na súa casa sen máis que un libro de instrucións- b) debe ser escalable - ten que permitir a introdución de novos robots domésticos sen máis que definir as tarefas ás que pode facer fronte e a forma de comunicación -. Este espazo de control emprégase para a resolución de catro tarefas de interese: limpeza de chans, asistencia a persoas que por desmaio ou caída están tendidas no chan, detección e alarma de situacións de risco e, finalmente, entretemento.

A través deste proxecto faise fronte a grandes retos de investigación tales como a aprendizaxe simultánea da representación do ámbito e as accións que debe executar o robot a partir da observación do comportamento humano. Á súa vez deséñanse estratexias que permitan a detección automática de situacións representativas e que requiren a presenza de robots -cuarto sen xente que poden ser axeitadas, persoas sentadas nun sofá ou nenos xogando susceptibles de ser entretidas, persoas que acaban de entrar na casa ás que se lles pode dar a benvida, etc -. Isto representa un salto cualitativo importante dado que os robots de baixo custo deixan de ser pasivos para converterse en robots con "iniciativa". Por outra parte, este enfoque tamén representa un grande avance cara á robótica guiada por visión, en particular cara á interpretación automática de accións humanas e comportamentos.

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/01/2009 - 31/12/2009
Financiado porProyectos de Investigación Fundamental no Orientada, Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN), TIN2008-04008/TSI
Proyectos de Investigación Fundamental no Orientada  Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN)

Programas científicos