DARBO: Descubrimento automático de regras borrosas non convencionais: bases de coñecemento temporal borroso e TSK de estrutura variable

DARBO: Descubrimento automático de regras borrosas non convencionais: bases de coñecemento temporal borroso e TSK de estrutura variable

Descrición

Este proxecto busca a aplicación de técnicas de computación evolutiva para a aprendizaxe automática de dúas categorías de regras borrosas que formalizan coñecemento mediante proposicións de certa complexidade sintáctica (non convencionais):

  1. Regras temporais borrosas (RTB), que inclúen referencias espaciais e temporais entre as proposicións que forman as regras.
  2. Regras “Takagi-Sugeno-Kang de estrutura variable” (TSK-EV) que permiten combinar expresións de regresión con coñecemento explícito.

Cada regra ten usos diferenciados: as RTB aplícanse ao deseño automático de comportamentos de un robot móbil a partir dos datos de distancia directamente medidos polos seus sensores láser; e as regras TSK-EK sobre a estimación aproximada de tempo de produción industrial no sector do moble e preprocesado de imaxe PET.

Obxectivos

  • Estudo de novos modelos de operadores para a construción de regras complexas que manexan incerteza, en particular cuantificadores borrosos e da súa aplicación para a construción de resumos lingüísticos de series de datos.
  • Aprendizaxe automática mediante computación evolutiva (algoritmos xenéticos) de regras temporais borrosas para problemas de clasificación sobre sensores de datos (redución da dimensionalidade e agrupación automática).
  • Construción automática de comportamentos en robótica móbil a partir de datos simples: “tracking” de persoas e seguimento de contornas.
  • Aprendizaxe automática mediante computación evolutiva (algoritmos xenéticos) de regras TSK-EV para problemas de regresión sobre datos aproximados e de baixa calidade (con incerteza)

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/01/2009 - 31/12/2011
Financiado porProyectos de Investigación Fundamental no Orientada, Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN), TIN2008-00040
Proyectos de Investigación Fundamental no Orientada  Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN)