DenTiUS Plaque: Unha ferramenta web de análise de imaxe para o diagnóstico e a cuantificación dos niveis de placa bacteriana

DenTiUS Plaque: Unha ferramenta web de análise de imaxe para o diagnóstico e a cuantificación dos niveis de placa bacteriana

Descrición

O obxectivo xeral deste proxecto é o desenvolvemento dun sistema accesible vía web para a análise da evolución da placa bacteriana en imaxes frontais e laterais da dentadura dun individuo. O software a desenvolver dará resposta ao problema da cuantificación da placa bacteriana dental e a súa posterior análise estatística e temporal, para determinar a súa evolución de forma obxectiva nun paciente ao longo do tempo.

Obxectivos

Os obxectivos concretos do proxecto son:

  • A utilización dun dispositivo dispoñible no Oral Science Research Group que permita obter en momentos clínicos diferentes imaxes que terán as mesmas características de resolución, calidade e gama de cor (baixo luz ultravioleta e con tinguido de fluoresceína) co fin último de realizar unha posterior análise comparativo entre as distintas imaxes frontais e laterais obtidas.
  • O desenvolvemento dun software específico vía web para a visualización/cuantificación dos niveis de placa bacteriana de forma obxectiva, sinxela e rápida en base a técnicas de análises de imaxe sobre imaxes fotográficas obtidas baixo as condicións previamente descritas.
  • A validación do software específico mediante un estudo observacional da evolución da placa bacteriana durante un período de 5 días nun grupo de suxeitos sans.

 

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/09/2016 - 30/11/2017
Contratado por: JOHNSON & JOHNSON

Programas científicos