CLASS: Desenvolvemento dun programa de mestrado interdisciplinar en Lingüística Computacional en universidades de Asia Central

CLASS: Desenvolvemento dun programa de mestrado interdisciplinar en Lingüística Computacional en universidades de Asia Central

Descrición

Este proxecto estase a levar a cabo baixo a iniciativa de diferentes universidades de Usbequistán e Casaquistán. A dispoñibilidade de información, incorporando novos métodos de ensino e prácticas baseadas en TIC en educación, é un dos medios para mellorar o acceso á educación superior, o intercambio mundial de coñecemento e unha maior participación de Usbequistán e Casaquistán na economía mundial. A Lingüística Computacional e, en termos máis xerais, as Tecnoloxías da Linguaxe Humana son cruciais para o desenvolvemento de tecnoloxías de alta información, absolutamente precisas para o progreso industrial, social e da civilización. Estas tecnoloxías están en progreso en case todo o mundo, pero a diferente velocidade nos países afectados. A pesares da cantidade de software que traballa co recoñecemento de idiomas do mundo, como inglés, mandarín, ruso e español, os recursos nos idiomas casaco e usbeco aínda son escasos. Por tanto, é practicamente imposible para a comunidade mundial recuperar información en usbeco ou casaco.

Os avances en lingüística computacional pódense aplicar ao ensino de idiomas a través da creación de software especial. O programa de mestrado en lingüística computacional mellorará a situación mediante a capacitación de estudantes, estimulando a investigación en lingüística computacional para comprender a natureza das representacións lingüísticas e o coñecemento lingüístico, e como o coñecemento lingüístico é adquirido e despregado na produción e comprensión da linguaxe, informatizando a relación entre forma e significado, facilitando o procesado e a recuperación de información, proporcionando novos datos e instrumentos para aprender idiomas (casaco, usbeco, inglés). A Lingüística Computacional como un programa educativo interdisciplinario non existe nos países socios, aínda que como área de investigación desenvolveuse dende comezos do século XXI. A implantación de novos métodos de ensino prácticos baseados nas TIC fará que a educación sexa accesible para máis estudantes. Poderán acceder a materiais de aprendizaxe e interacción con docentes con ferramentas dixitais. Por tanto, o proxecto aborda as prioridades rexionais: ferramentas de aprendizaxe e ensino, cursos mixtos, acceso á educación superior, cooperación internacional a nivel rexional etc.

Obxectivos

  • Crear e implantar un programa interdisciplinario de mestrado en Lingüística Computacional en 7 universidades de Usbequistán e Casaquistán, baixo unha análise coidadosa dos programas existentes.
  • Implantar as tecnoloxías de aprendizaxe combinada naquelas universidades do programa de mestrado, co obxectivo de mellorar as oportunidades de aprendizaxe e democratizar a educación superior.
  • Crear recursos lingüísticos, ferramentas e aplicacións cun bo soporte para os idiomas usbeco e casaco.

Investigadores

Detalles

Data de execución:15/10/2017 - 14/10/2020
Financiado porErasmus+, European Commission,

Programas científicos