Detectores de Propiedades Invariantes a Cambios de Escala e Rotacións en Tecnoloxías CMOS-3D para Sistemas de Visión de Baixo Consumo de Potencia

Detectores de Propiedades Invariantes a Cambios de Escala e Rotacións en Tecnoloxías CMOS-3D para Sistemas de Visión de Baixo Consumo de Potencia

Descrición

O obxetivo principal deste proxecto é a implementación de algoritmos de detección de propiedades con invariancia a rotacións, cambios de escala e transformacións afíns en tecnoloxías CMOS-3D. O proxecto comeza o camiño cara deseños futuros de sistemas de visión autónomos de baixo consumo de potencia; solucións que poderían empregarse como: 1) sistemas empotrados, onde se buscan plataformas hardware programables compactas, lixeiras, e cun alto rendemento, e en moitos casos con baixo consumo de potencia, ou 2) en sistemas distribuidos como redes de sensores, onde o baixo consumo de potencia é unha condición sine qua non.Scale- and Rotation-Invariant Feature Detectors on CMOS-3D Technology for Low-Power Vision Systems.

Obxectivos

O obxetivo principal deste proxecto é a exploración de algoritmos de procesado de imaxes de extracción ou detección de propiedades con invarianza a rotacións, cambios de escala e propiedades afíns sobre tecnoloxías CMOS-3D.

  1. Exploración dos algoritmos SIFT e SURF
  2. Implementación dun demostrador incorporando os erros derivados da implementación hardware
  3. Definición da arquitectura do chip CMOS-3D
  4. Modelado e caracterización do plano sensorial
  5. Implementación das tarefas de máis baixo nivel
  6. Implementación das tarefas de máis alto nivel
  7. Implementación PCB e o seu testeo

Investigadores

Detalles

Data de execución:10/08/2010 - 30/09/2013
Financiado porProxectos de Investigación Básica. INCITE, Xunta de Galicia, Consellería de Innovación e Industria, 10PXIB206037PR
Proxectos de Investigación Básica. INCITE  Xunta de Galicia, Consellería de Innovación e Industria

Programas científicos