DETEPRE: Desenvolvemento e implementación de novas tecnoloxías e protocolos no estudo de ecoloxía reproductiva pesqueira.

DETEPRE: Desenvolvemento e implementación de novas tecnoloxías e protocolos no estudo de ecoloxía reproductiva pesqueira.

Descrición

Moitos dos recursos pesqueiros europeos están actualmente sobreexplotados. Os recursos de interese para a flota galega non son unha excepción, e neste sentido desenvolvense algúns plans de recuperación por parte da UE. No Enfoque de Precaución á xestión pesqueira preténdese conservar o suficiente Potencial Reproductivo dun Stock (PRS) que permita a explotación sostíbel do mesmo. Por este motivo, cada vez é máis patente calcular con precisión o PRS, que require coñecer o tamaño da poboación , a súa composición por idades, a proporción de individuos maduros, a súa condición e a súa fecundidade. Nembargantes, a pesar da súa coñecida importancia para a correcta avaliación da poboación, as estimacións da proporción de individuos maduros e a fecundidade raramente se realizan, debido a complexidade da análise, que implica o uso de técnicas e protocolos cun alto custo económico e humano. O proxecto pretende utilizar as novas tecnoloxías para resolver un dos pescozos de botella que ten expostos a análise da dinámica de poboacións de peces: dispor de estimacións precisas do potencial reprodutivo das poboacións. Para este cálculo necesítanse, entre outras variables, a proporción de individuos maduros na poboación e a fecundidade a cada idade, dous parámetros que son obxecto do presente proxecto. Pretendese desenvolver métodos e ferramentas que faciliten e automaticen a evaluación de parámetros reproductivos para, en última instancia, determinar o potencial reproductivo das poboacións.

Obxectivos

Este proxecto estruturouse en tres grandes obxectivos:

  1. Estudo dos procesos de regresión dos folículos post-ovulatorios (FPO) e comezo da maduración.
  2. Desenvolvemento e aplicación de novas ferramentas histolóxicas e de microscopía que permitan o diagnóstico rápido do estado de maduración e a actividade de posta do individuo.
  3. Deseño dun sistema automático, baseado en visión por computador, que opere sobre imaxes dixitais de preparacións histolóxicas de ovarios.

Resultados

Descubriuse que se pode aumentar a precisión no cálculo da fecundidade utilizando ferramentas de cómputo automático baseado nun procesamento semiautomático das imaxes histolóxicas das gónadas dos peixes, o mesmo tempo que se diminúe o tempo de traballo do investigador ou técnico debido a redución do traballo manual e á automatización do proceso rutineiro. Desenvolveuse o software Govocitos que permitirá non só estimar a fecundidade aplicando o método esterolóxico de xeito rápido e preciso a multitude de especies, se non que ademáis permitirá estudar a dinámica de recrutamento e desenvolvemento dos ovocitos. Como valores engadidos como consecuencias do uso de ferramentas das novas tecnoloxías pódese enumerar: accesibilidades ós datos (incluindo imaxes) e ós resultados mediante unha base de datos centralizada con interfaces de acceso adaptable; reproducibilidade da interpretación dos datos e das tarefas manuais; análise estatístico dos datos con posible almacenamento directo dos resultados na base de datos; traballo remoto sen e con conexión en directo ó sistema; aumento da precisión dos experimentos. Todo isto utilizando unha base de datos que permite compartir información e traballar online ós investigadores. O software foi presentado en diversos foros e recibiu unha gran aceptación e demanda por parte da comunidade científica, polo que será distribuido baixo unha licencia de software libre a principios de 2013.

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/01/2011 - 31/12/2011
Consorcio
  • Instituto de Investigacións Mariñas, CSIC (líder)
  • Laboratorio de Informática Aplicada, Universidade de Vigo
  • CiTIUS
Financiado porProgramas Sectoriais de Investigación Aplicada. INCITE, Xunta de Galicia, Consellería de Innovación e Industria, 08MMA010402PR
Programas Sectoriais de Investigación Aplicada. INCITE  Xunta de Galicia, Consellería de Innovación e Industria

Demostradores

Programas científicos