
Descrición
Co obxectivo último de incrementar a competitividade da industria manufactureira nacional en sectores estratéxicos de alto impacto, o proxecto DICON formula o desenvolvemento dunha nova xeración de produtos, servizos, e procesos de control dimensional que se integren de forma efectiva nas diferentes fases da fabricación de compoñentes de elevadas dimensións, abordando as seguintes frontes de desenvolvemento:
- Metroloxía dimensional de alto rango por visión.
- Novas arquitecturas en metroloxía dimensional por contacto. Verificación e calibración en metroloxía xeométrica sen contacto.
Obxectivos
- Desenvolver novos sistemas de medida altamente automatizados, baseados en tecnoloxía de medición sen contacto (visión industrial e fotogrametría), dirixidos a reducir o tempo invertido actualmente nos procesos de control dimensional e posta a punto en máquinas de pezas en bruto de elevadas dimensiones.
- Desenvolvemento de novos produtos, servizos, e procesos que ofrezan solucións innovadoras de verificación e calibración volumétrica de máquinas-ferramenta para a fabricación de compoñentes de elevadas dimensións.
Investigadores
-
- Investigador principal
- Xosé Manuel Pardo López
-
- Investigadores do CiTIUS
- Xosé Ramón Fernández Vidal
- María Fuciños Pérez
- Juan López Gómez
Detalles
- Danobat (líder)
- IK4-IDEKO
- Industria de Turbo Propulsores (ITP)
- Metrología Sariki
- Metromecánica, S.L
- Universidad de Zaragoza
- CiTIUS

