
Descrición
Nos últimos anos, a investigación en Intelixencia Artificial acadou altas cotas de excelencia científica e transferencia tecnolóxica. Como resultado, o que ata hai pouco era ciencia ficción hoxe empeza a ser realidade. Termos coma cidade intelixente, fábrica intelixente, casa intelixente, coche intelixente ou teléfono intelixente, son cada vez máis populares. Na práctica, estamos rodeados de dispositivos dotados de certa intelixencia que nos asisten no día a día, moitas veces sen que sexamos totalmente conscientes diso. A Intelixencia Artificial está a impulsar unha revolución social que está chamada a transformar as nosas vidas. Por iso, son cada vez máis numerosos os estudos relacionados con como facer a Intelixencia Artificial máis humana e accesible ao cidadán. A medida que crece a interacción entre persoas e máquinas/dispositivos, os aspectos tecnolóxicos mestúranse con cuestións éticas e legais que é preciso abordar
Obxectivos
O obxectivo central do proxecto eXplica-IA é dar resposta ao reto científico de deseñar e desenvolver unha nova xeración de algoritmos e técnicas de Intelixencia Artificial que doten de auto explicación aos Sistemas Intelixentes, é dicir, que lles capacite para explicar o seu comportamento e decisións en Linguaxe Natural, de modo claro e sen ambigüidades, tanto a usuarios expertos como non expertos.
Os novos algoritmos e técnicas validaranse tanto a nivel de requisitos funcionais como non funcionais, en casos de uso reais nos que interaccionen persoas e máquinas. A fin de maximizar a súa visibilidade e difusión á comunidade científica, pero tamén pensando na súa potencial transferencia tecnolóxica á industria, desenvolveremos unha plataforma software de código aberto que integre as tecnoloxías desenvolvidas. Este software ademais guiará ao usuario tanto no deseño intuitivo de sistemas intelixentes explicables como na avaliación rigorosa dos mesmos.
Investigadores
-
- Investigador principal
- José María Alonso Moral
-
- Investigadores do CiTIUS
- Roberto Iglesias Rodríguez
- Manuel Mucientes Molina
Detalles

Publicacións
- Factual and Counterfactual Explanation of Fuzzy Information Granules Interpretable Artificial Intelligence: A perspective of Granular Computing, 2021
- A Survey of Contrastive and Counterfactual Explanation Generation Methods for Explainable Artificial Intelligence IEEE Access, 2021
- A Multilayer Multimodal Detection and Prediction Model based on Explainable Artificial Intelligence for Alzheimer’s... Scientific Reports, 2020
- Ver todas