DKP: Uso do método Direct Kernel Perceptron para a construción de modelos químico-xenómicos

DKP: Uso do método Direct Kernel Perceptron para a construción de modelos químico-xenómicos

Descrición

O proxecto persegue a aplicación do método Direct Kernel Perceptron (DKP) para a construción de modelos químico-xenómicos para a predición da actividade e toxicidade de compostos. O proxecto estase a desenvolver con Janssen-Cilag, compañía subsidiaria da farmacéutica Johnson & Johnson.

Obxectivos

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento dunha implementación eficiente en C/C++ do algoritmo DKP orientado ao tratamento de grandes conxuntos de datos, tanto dende o punto de vista do número de patróns como das características, con clases desbalanceadas e datos de natureza dispersa. A validación terá en conta tanto a precisión da clasificación como a eficiencia computacional.

Investigadores

Detalles

Data de execución:13/10/2014 - 31/03/2015
Contratado por: Janssen Pharmaceutica
janssen_es_logo.jpg

Programas científicos