eMolExpert: Sistema Integrado de Software para a xestión de datos moleculares e analíticos na nube e o uso de Intelixencia Artificial para o apoio as decisións científicas

Sistema Integrado de Software para a xestión de datos moleculares e analíticos na nube e o uso de Intelixencia Artificial para o apoio as decisións científicas

Descrición

O obxectivo global deste proxecto é o desenvolvemento dun sistema modular de ferramentas espectroscópicas, cromatográficas, espectrométricas e quimioinformáticas co fin de proporcionar solucións ás industrias químicas, farmacéuticas e biotecnolóxicas, así coma a Universidades e outras entidades de investigación.O sistema estará soportado pola Nube e incluirá capacidades de Big Data. Permitirá o seu uso en sistemas de escritorio tradicionais e dispositivos móbiles e tabletas.

O CiTIUS colaborará especificamente con Mestrelab no desenvolvemento e integración dunha solución de análise intelixente de datos para a predición de propiedades físico químicas de moléculas.

Subproxecto con Mestrelab Research: Análise Intelixente de Datos para a predición de propiedades físico-químicas

Os obxectivos da colaboración con Mestrelab son:

  • Estudar as estratexias actuais de minería de datos para a predición de espectros de RMN para diferentes tipos de moléculas
  • Analizar os descritores empregados no tratamento da predición de espectros de RNM
  • Desenvolver novos algoritmos baseados en técnicas de intelixencia artificial para a predición de espectros de RNM

Subproxecto con Polygon-e: Colaboración na Análise Intelixente de Datos

Os obxectivos de Polygon-e están integrados dentro da colaboración con Mestrelab

Investigadores

Subproxecto con Mestrelab Research: Análise Intelixente de Datos para a predición de propiedades físico-químicas

Subproxecto con Polygon-e: Colaboración na Análise Intelixente de Datos

Detalles

Data de execución:18/12/2013 - 30/06/2015
Consorcio
  • Mestrelab Research (líder)
  • Polygon-e
  • CiTIUS
Financiado porConecta PEME, Xunta de Galicia, IN852A-2013/75
Conecta PEME  Xunta de Galicia Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)