Establishment of training and research centers and course development on Intelligent Big Data Analysis in Central Asia

ELBA: Establishment of training and research centers and course development on Intelligent Big Data Analysis in Central Asia

Descrición

O proxecto ELBA afronta o deseño e desenvolvemento de habilidades en tecnoloxías innovadoras "Big Data Analytics". ELBA naceu para responder á escaseza de profesionais formados nestas áreas‚ especialmente en determinadas áreas xeográficas do planeta. O consorcio está liderado pola USC‚ ten tres socios europeos (USC‚ Politécnico de Turín en Italia e Univ. De Primorska en Eslovenia) e dez institucións máis situadas en Asia Central (en Usbequistán‚ Casaquistán‚ Quirguistán e Taxiquistán).

O proxecto‚ que conta cun orzamento de preto dun millón de euros‚ está coordinado polo investigador do CiTIUS David E. Losada. Ademais da coordinación‚ xestión e control de calidade‚ as tarefas da USC teñen como obxectivo mellorar a capacidade de formación dos socios de Asia Central‚ supervisar e asesorar o desenvolvemento de currículos en "Big Data Analytics" e proporcionar métodos e ferramentas de aprendizaxe en tecnoloxías intelixentes de procesamento masivo de datos.

Obxectivos

Entre os obxectivos de ELBA están:

  • Desenvolver de habilidades en "Big Data Analytics"
  • Deseñar cursos e programas de formación a nivel universitario nesta área
  • Establecer centros académicos e de investigación en Big Dat
  • Crear redes de especialistas en tecnoloxías de Análise Intelixente de Datos e Big Data
  • Manter o persoal profesional (académicos‚ investigadores e profesionais da industria) nesta área tecnolóxica en constante crecemento

Investigadores

Detalles

Data de execución:15/11/2019 - 15/11/2022
Funded by Erasmus+, European Commission - Research & Innovation
European Commission - Research & Innovation