Estímulo do Talento Matemático e Científico en Estudantes de 12 a 16 anos de Galicia - FECYT 2019

ESTALMAT-Galicia 2020: Estímulo do Talento Matemático e Científico en Estudantes de 12 a 16 anos de Galicia - FECYT 2019

Descrición

O funcionamento básico do Proxecto ESTALMAT-Galicia consiste en seleccionar‚ cada ano‚ 25 estudantes de 12 ou 13 anos en toda Galicia‚ a través dun exame na Facultade de Matemáticas‚ cuxo obxectivo é detectar habilidades matemáticas e científicas avanzadas‚ e adestralos en actividades adaptadas ao desenvolvemento do seu talento nas disciplinas CTEM (Ciencia‚ Tecnoloxía‚ Enxeñaría‚ Matemáticas).

Obxectivos

O obxectivo fundamental é detectar‚ estimular e promover vocacións e talento no campo das disciplinas CTEM (Ciencias‚ Tecnoloxía‚ Enxeñaría‚ Matemáticas)‚ principalmente en Matemáticas‚ e asegurar que os talentos matemáticos e científicos detectados non se perdan para a sociedade‚ que a súa especial capacidade estea convenientemente orientada para proveito do avance científico‚ calquera que sexa o campo profesional no que se desenvolva‚ e que no se perdan por falta de atención nas esferas normais do estudio e da familia.

Investigadores

    • External Project
    • Investigador principal externo
    • Natalia Seoane Iglesias

Detalles

Data de execución:01/07/2020 - 31/05/2021
Funded by Ayudas para el Fomento de la Cultura Científica‚ Tecnológica y de la Innovación

FCT-19-14368