
Descrición
O CiTIUS forma parte das sete entidades acreditadas no programa de "axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupaciones estratéxicas consolidadas do Sistema Universitario de Galicia”. A axuda económica asociada a esta acreditación é unha das principais contribucións ao funcionamento estrutural do Centro.
Este Programa, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, co obxectivo temático de promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade.
Obxectivos
Os obxectivos do CiTIUS para o período de vixencia da axuda estrutúranse en dúas categorías:
- Retos Estratéxicos, que basicamente reflicten os obxectivos e accións establecidas no Plan Estratéxico 2016-2018.
- Retos Científicos, que inclúen os obxectivos científicos asociados ao seu proxecto estratéxico de investigación.
O proxecto estratéxico de investigación do CiTIUS para o período da axuda ten por título From sensors to language (dos sensores á linguaxe). Este proxecto trata de proporcionar resposta a algúns dos retos a abordar dende as Tecnoloxías da Información nos próximos anos. E faino dende unha perspectiva integradora e multidisciplinar, como un proxecto que incumbe ao CiTIUS no seu conxunto, explotando a capacidade de colaboración dos investigadores nun contexto de obxectivos compartidos. Este proxecto estratéxico contribuirá a unha mellora da actividade investigadora do CiTIUS mediante a súa internacionalización, valorización e transferencia.
PO FEDER Galicia 2014-2020 “Unha maneira de facer Europa”
Investigadores
-
- Investigador principal
- Paulo Félix Lamas
Detalles


PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"