Gamificación para o recrutamento

Gamificación para o recrutamento

Descrición

O obxectivo deste proxecto é facilitar a análise da información curricular dos candidatos dun proceso de selección. Para elo, asesorarase a empresa no uso de tecnoloxías para a extracción automática da información dos candidatos, e no desenvolvemento de solucións para a clasificación de candidatos a partir de múltiples criterios.

Obxectivos

Os obxectivos específicos do proxecto son os seguintes:

  • Asesorar á empresa no proceso de integración da tecnoloxía do CiTIUS ADEGA, como motor de anotación semántica.
  • Asesorar á empresa no desenvolvemento e integración de técnicas de procesamento de linguaxe natural para mellorar o etiquetado e enlazado de textos para o recrutamento.
  • Asesorar á empresa no desenvolvemento de novos algoritmos multi-obxectivo baseados en técnicas de soft computing para a clasificación de novos candidatos.

 

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/08/2018 - 31/12/2019
Financiado porAyudas NEOTEC, Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI),
Ayudas NEOTEC  Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)
Contratado por: Imagames Gamification Services S.L.
467.png

Programas científicos