GAMEST: GAMification tEchniqueS for entrepreneurial vet Teachers

GAMEST: GAMification tEchniqueS for entrepreneurial vet Teachers

Descrición

O obxectivo xeral do proxecto é apoiar a promoción dunha educación innovadora e de alta calidade baseada na aplicación de estratexias de gamificación. GAMEST encaixa completamente nos marcos de políticas da UE. De feito, o proxecto identifica na gamificación un vehículo innovador para ensinar contidos empresariais, aumentando a participación dos alumnos. A gamificación consiste en empregar a mecánica do xogo en contornas alleas ao xogo. Como tal, podería considerarse como unha ferramenta para mellorar as habilidades dos educadores e os alumnos e pode ser un vehículo práctico para fomentar a mentalidade empresarial e as habilidades relacionadas.

GAMEST quere ter un impacto a longo prazo no sistema de Formación Profesional. Empoderar aos formadores de FP a través da subministración dun innovador marco de metodoloxía didáctica baseado na gamificación dará aos alumnos de FP a posibilidade de aprender e adquirir novas habilidades con maior facilidade. Polo tanto, GAMEST ten como obxectivo afectar a todo o sistema de Formación Profesional, reducir a brecha entre os estudantes e os mestres e brindar ao grupo obxectivo a ferramenta práctica para ensinar as habilidades necesarias para acceder ao mercado laboral empresarial.

Obxectivos

Para alcanzar o obxectivo xeral mencionado anteriormente, GAMEST buscará dous obxectivos específicos, a saber:

  • OE1: Definir o estado da arte da gamificación aplicado á educación empresarial e detectar en que medida o grupo destinatario xa está comprometido coas prácticas de gamificación.
  • OE2: Fortalecer as habilidades de gamificación e os coñecementos de aplicación dos educadores de FP.

Resultados

  • GAMEST analizará a situación actual das aplicacións de gamificación en formación en emprendimento, desenvolvendo enquisas acerca dos niveis de sensibilización de cada país.
  • GAMEST desenvolverá un curso online relativo ó material didáctico para a formación en gamificación.
  • GAMEST desenvolverá video-tutorials sobre o uso de gamificación no campo da formación en emprendemento en FP.

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/11/2019 - 30/09/2021
Consorcio
  • UNIVERSITATEA DUNAREA DE JOS DIN GALATI (líder)
  • FVB S.R.L
  • SOLSKI CENTER NOVO MESTO
  • CiTIUS
Financiado porErasmus+, European Commission, 019-1-RO01-KA202-063211
European Commission

Programas científicos