Integración de gap-filler para televisión en mobilidade DVB-H

Integración de gap-filler para televisión en mobilidade DVB-H

Descrición

O estándar DVB-H para a transmisión de sinais de TV a dispositivos móbiles implica desafíos tecnolóxicos diferentes ós asociados á recepción de televisión dixital terrestre (DVB-T) convencional mediante antenas situadas nos tellados dos edificios. Isto é debido fundamentalmente á necesidade dun sinal de maior potencia por causa da atenuación sufrida a través de perdas por transmisión no interior de edificios e á necesidade de acceder a terminais en mobilidade ou situados no interior dos edificios.

En xeral, o uso de transmisores de alta potencia para cubrir un área urbana pode non ser sempre posible ou aceptable debido á falta de lugares de transmisión adecuados próximos ás cidades. Neste caso a solución consiste en complementar a rede de transmisores de alta potencia con gap-fillers urbanos situados en estaciones base. Outra posible aproximación ó problema, que será a considerada neste proxecto, é a utilización por parte do usuario final de gap-fillers domésticos para a transmisión do sinal dentro de cada vivenda. O obxectivo final é a obtención dun dispositivo de baixa potencia apto para ser instalado polo propio usuario.

Obxectivos

Estudar a viabilidade técnica da obtención dun dispositivo de baixa potencia apto para ser instalado polo propio usuario.

Investigadores

Detalles

Data de execución:27/10/2008 - 31/12/2010
Financiado porPrograma para el fomento de la investigación e innovación empresarial, Xunta de Galicia, Consellería de Innovación e Industria, IN841B-2008/119
Programa para el fomento de la investigación e innovación empresarial  Xunta de Galicia, Consellería de Innovación e Industria Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)
Contratado por: Televés
31.jpg

Programas científicos