SOSSI: Integración semántica de datos de observación a través de SOS

Integración semántica de datos de observación a través de SOS

Descrición

A grande cantidade de datos de observación medioambiental que se están a xerar na actualidade tanto por parte de organizacións públicas como privadas é altamente heteroxénea tanto en formatos como en semántica. Facer todos esos datos accesibles nunha forma uniforme e integrada constitúe un importante reto a resolver. A iniciatia SWE do OGC proporciona estándares de codificación de datos e de servizos web, sen embargo, a integración semántica dos datos é aínda un problema pendente.

 

Obxectivos

Este proxecto aglutina diferentes accións que teñen que ver co desenvolvemento e avaliación dunha solución de integración semántica de datos de observación a través da interface SOS do OGC. Este obxectivo global inclúe os seguintes obxectivos específicos.

  • Deseño e implementación dunha solución de integración virtual de datos de observación.
  • Deseño e implementación dunha capa de mediación semántica de datos de observación.
  • Deseño e implementación de adaptadores para fontes de datos de Meteogalicia e Intecmar.
  • Deseño e implementación de adaptadores xenéricos para bases de datos e servidores Thredds.
  • Deseño e implementación de visores SOS.

Subproxecto con Meteogalicia: Proxecto RAIAco, deseño e explotación dun servidor SOS.

Este proxecto establece o deseño inicial do servidor de datos observacionais do proxecto RAIAco.

Subproxecto con Instituto Tecnológico del Mar (Intecmar): Raiaco

Dentro do ámbito do proxecto METEOSIX, o grupo COGRADE do CITIUS ten desenvolvido para Meteogalicia un servidor de datos de observación que permite a publicación en web de varias fontes de datos de forma homoxénea, seguindo a interface SOS do OGC.

No marco do proxecto RAIA, o INTECMAR precisa dun SOS similar que permita publicar os seus datos oceanográficos de fontes diversas. Este proxecto ten como obxectivo principal a implantación en INTECMAR do servidor SOS desenvolvido dentro do marco de METEOSIX.

Subproxecto con Meteogalicia: Visor Genérico SOS 1.0 Servizo de visualización - Proyecto Raiaco

Nos proxectos previos desenvolveuse un servidor que facilita o acceso a través dunha interface estándar a varias fontes de datos de observación de Meteogalicia, que inclúen as base de datos de observacións das estacións meteorolóxicas e oceanográficas que xestiona esta entidade. O obxectivo deste subproxecto e desenvolver un visualizador de datos de observación para esta solución.

Subproxecto con Meteogalicia: Adaptador radar meteorológico para SOS 2.0 - Proyecto Raia-Tec.

O estándar de servizo web Sensor Sensor Observation Service (SOS) do Open Geospatial Consortium (OGC) permite o acceso estandarizado a datos e observacións medioambientais. Nestes momentos, 52º North está actuando como asesor do JRC (Join Research Center) para a incorporación do estándar SOS como servizo de descarga de datos de observación da directiva INSPIRE. En consecuencia, a nova implementación do servizo SOS 2.0 de 52º North incorpora as características necesarias para facelo compatible cos requisitos impostos por INSPIRE. Unha característica importante a ter en conta desta implementación é que obriga a integrar nunha base de datos relacional cun modelo de datos específico todos os datos de observación que se queiran publicar a través do SOS.

Tendo en conta o anterior, Meteogalicia e INTECMAR están a colaborar no desenvolvemento dun servidor de descarga de datos de observación SOS, baseado na implementación SOS de 52º North que permita acceder as súas fontes de datos de observación de forma integrada e sen ter que migrar os datos a unha base de datos centralizada relacional.

Subproxecto con Instituto Tecnológico del Mar (Intecmar): Melloras SOSVDI en proxecto RAIAco

En proxectos previos, o servidor foi adaptado as fontes de datos de observación mariña do INTECMAR . A funcionalidade actual deste servidor é aínda limitada, sobre todo no que atinxe as operacións do estándar que soporta e aos formatos de codificación das observacións que poden ser utilizados. Este proxecto prantexa diferentes melloras a solución previa.

Investigadores

Subproxecto con Meteogalicia: Proxecto RAIAco, deseño e explotación dun servidor SOS.

Subproxecto con Instituto Tecnológico del Mar (Intecmar): Raiaco

Subproxecto con Meteogalicia: Visor Genérico SOS 1.0 Servizo de visualización - Proyecto Raiaco

Subproxecto con Meteogalicia: Adaptador radar meteorológico para SOS 2.0 - Proyecto Raia-Tec.

Subproxecto con Instituto Tecnológico del Mar (Intecmar): Melloras SOSVDI en proxecto RAIAco

Detalles

Data de execución:11/06/2013 - 31/07/2017

Programas científicos