KEYSTONE: Semantic KEYword-based Search on sTructured data sOurcEs

KEYSTONE: Semantic KEYword-based Search on sTructured data sOurcEs

Descrición

O incremento continuo da cantidade de información estruturada dispoñible na Web así como unha participación cada vez maior de usuarios sen formación técnica, provocaron que as procuras baseadas en palabras clave se convertesen nunha alternativa valiosa ás consultas tradicionais, grazas á súa simplicidade e ao coñecemento básico que requiren dos usuarios. Con todo, as aproximacións existentes presentan unha serie de limitacións cando se aplican a escenarios con múltiples fontes de datos que requiren dalgún tipo de planificación nas consultas e actualizacións frecuentes, o cal impide calquera implementación efectiva de índices de datos.

Os escenarios típicos inclúen open data, big data e sistemas de integración de datos virtuais. Deste xeito, a construción de sistemas de procura baseados en palabras clave efectivos poden ter un grande impacto, xa que facilitarían a usuarios non profesionais o acceso a grandes cantidades de información almacenada en repositorios estruturados por medio de interfaces sinxelas baseadas en palabras clave. Esta aproximación revolucionaría o paradigma de procura de datos, xa que os usuarios poderían acceder aos datos nunha forma similar á que empregan para acceder aos documentos. Dada a natureza multifacética do problema, e co obxectivo de construír unha solución exitosa, unificada e efectiva, a Cost Action ”Semantic KEYword-based Search on sTructured data sOurcEs (KEYSTONE)” propón unir sinerxías dende varias disciplinas, como o manexo de datos semánticos, a web semántica, a recuperación de información, a intelixencia artificial, o Machine Learning, a interacción do usuario, a ciencia como servizo, o deseño de servizos, e o procesado da linguaxe natural.

Obxectivos

O obxectivo principal da Acción é lanzar e establecer unha rede cooperativa de investigadores, profesionais e especialistas en dominios de aplicación relacionados co manexo de datos semánticos, a Web Semántica, a Recuperación de Información, a Intelixencia Artificial, o Machine Learning e o procesado da linguaxe natural, que poida coordinar a actividade de colaboración entre os participantes e facilite a investigación e a transferencia na área das procuras baseadas en palabras clave sobre fontes estruturadas de datos. A coordinación destes axentes promoverá o desenvolvemento dun novo paradigma revolucionario que proporcionará aos usuarios con capacidades de procura baseadas en palabras clave a posibilidade de utilizar fontes estruturadas de información da mesma forma na que consultan fontes documentais. Ademais, explotarase a natureza dos datos estruturados para a definición de plans de consulta complexos que combinen información parcial de diferentes fontes.

O obxectivo principal da Acción complementase cos seguintes obxectivos secundarios:

  • Promover o desenvolvemento de técnicas novidosas baseadas en palabras clave para a procura sobre fontes de datos estruturadas
  • Facilitar a transferencia de coñecemento e tecnoloxía dende a comunidade científica aos profesionais e ás empresas
  • Promover o desenvolvemento dunha masa crítica de actividades de investigación que facilite a sustentabilidade dos tópicos de investigación máis aló da Acción

Investigadores