Novas técnicas de visión artificial para diferenciar arterias e venas en imaxes de anxiografía retiniana

Novas técnicas de visión artificial para diferenciar arterias e venas en imaxes de anxiografía retiniana

Descrición

Este proxecto de investigación básica, continúa cunha liña de traballo iniciada en proxectos anteriores cara ao desenvolvemento dun algoritmo para realizar o cálculo automático do índice arteriovenoso, valor diagnóstico proposto polos oftalmólogos para poder ser utilizado na detección precoz e no seguimento de enfermidades que se reflicten na vasculatura ocular: hipertensión, enfermidades cardiovasculares e cerebrovasculares, diabetes, etc. Un dos pasos a realizar neste proceso é a distinción das arterias e venas na imaxe de anxiografía, para así poder realizar a medición de forma automática. No proxecto desenvólvense os pasos previos á medición automática, como é a extracción do disco óptico e a segmentación da vasculatura ocular.

Obxectivos

  • Detección do disco óptico, como paso previo á evolución dun contorno deformable que discurra polo interior da vasculatura ocular.
  • Extracción da vasculatura ocular utilizando un modelo deformable.
  • Exploración de técnicas para diferenciar arterias e venas.

Resultados

Dende o punto de vista do procesado de imaxes no ámbito da oftalmoloxía, propúxose unha nova técnica para diferenciar arterias e venas, proceso útil na automatización do índice arterio venoso. Automatizouse a detección do disco óptico e da estrutura vascular. Con respecto aos resultados tecnolóxicos, os resultados deste proxecto permitiron a integración de novos algoritmos na plataforma de desenvolvemento SIRIUS impelementada en proxectos anteriores. Integrouse a detección automática do disco óptico, a detección da árbore arteriovenosa e comezouse a traballar na automatización da diferenciación arteria vena.

Investigadores

    • Investigadores externos
    • Antonio Mosquera González
    • Francisco Javier Gómez-Ulla de Irazazábal
    • Antonio Pose Reino
    • María José Rodríguez Cid

Detalles

Data de execución:30/10/2007 - 31/10/2009
Financiado porProxectos de Investigación Básica. INCITE, Xunta de Galicia, Consellería de Innovación e Industria, PGIDIT07PXIB206021PR
Proxectos de Investigación Básica. INCITE  Xunta de Galicia, Consellería de Innovación e Industria

Demostradores

Programas científicos