OPERE: Xestión Eficiente de Redes de Enerxía

OPERE: Xestión Eficiente de Redes de Enerxía

Descrición

O proxecto OPERE postula a implantación de sistemas de xestión eficientes en redes de enerxía de complexos existentes de gran consumo enerxético, cos obxectivos de reducir o impacto ambiental, aumentar a eficiencia das instalacións e reducir o consumo de enerxía.

Para elo, desenvolverase un piloto a escala real sobre un conxunto de edificacións antigas do Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela. Este piloto facilitará a proba e validación das solución que se desenvolvan durante o proxecto.

As instalacións sobre as que se desenvolverá o proxecto OPERE correspóndense coas do edificio de servizos múltiples Monte da Condesa, que inclúe a Facultade de Óptica e Optimetría, a Facultade de Física, o complexo residencial universitario Monte da Condesa, o Instituto Ortopédico e o banco de tecidos muscoesqueléticos, etc. Ademais, o complexo inclúe tres plantas de coxeración que proporcionan calor e electricidade a todo o Campus.

Durante o desenvolvemento do proxectos estudaranse as redes térmicas e eléctricas implantadas para desenvolver solucións baseadas nas infraestruturas, as tecnoloxías dispoñibles, os usos dos edificios e o comportamento dos usuarios utilizando sistemas intelixentes de monitorización e control.

Obxectivos

O obxectivo principal do proxecto OPERE é o análise e a optimizacións das redes de enerxía térmicas e eléctricas de instalacións existentes de gran consumo. Os subobxectivos principais do proxecto OPERE son os seguintes:

  • Auditar as instalacións de produción e xestión de enerxía así como o seu funcionamento en función do uso dos edificios.
  • Desenvolver unha arquitectura de xestión e monitorización do consumo enerxético modular e replicable.
  • Desenvolver solucións de simulación do consumo enerxético e do impacto ambiental.
  • Desenvolver estratexias de modificación das instalacións enerxéticas baseadas nos resultados.
  • Desenvolver estratexias e metodoloxías para o traslado das conclusións do proxecto a outras instalacións de gran consumo.

Investigadores