
Descrición
O obxectivo xeral do proxecto é valorizar o patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, como elemento de desenvolvemento transfronteirizo, mediante estratexias e modelos conxuntos de recollida, tratamento de información e xestión, promovendo a súa difusión e o seu aproveitamento por parte dos sectores económicos como o sector turístico, e impulsando a participación social en todo o proceso.
Obxectivos
O principal obxectivo do proxecto é a valorización do Patrimonio Cultural de Galicia - Norte de Portugal, como elemento de cohesión social e desenvolvemento estrutural transfronteirizo.
O proxecto tamén conta cos seguintes obxectivos específicos:
- desenvolver un sistema de información, procesos e sistemas dixitais de referencia, para administracións públicas, universidades e outros axentes sociais implicados na xestión; preservación e promoción do patrimonio cultural que permita ademáis, o seu aproveitamento por sectores como o turismo, a investigación ou a educación;
- promover a participación social nos procesos de xestión e uso do patrimonio;
- desenvolver e ensaiar estratexias, ferramentas e instrumentos de xestión patrimonial innovadoras.
Resultados
- Sistema de información fundamentado nas TIC para a xestión do patrimonio cultural, con aspectos xeoespacial, participativo, accesible e interoperable.
- Desenvolvemento do sistema en 3 casos de uso de administracións públicas en distintas tipoloxías de patrimonio material e inmaterial, que se consolidarán como procedementos de traballo na administración pública, e como servizos ó cidadán.
- Vinculación de máis de 5.000 axentes, representados por xestores do patrimonio públicos e privados, investigadores, cidadanía en xeral (incluíndo a visitantes), promovendo a súa participación activa e visión renovada sobre o patrimonio.
- Xeración e experimentación de 4 experiencias piloto de modelos de xestión patrimonial innovadores.
Investigadores
-
- Investigador principal
- Julián Flores González
-
- Investigadores do CiTIUS
- José Ramón Ríos Viqueira
Detalles
- Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), Xunta de Galicia (líder)
- Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte
- Comunidade Intermunicipal do Alto Minho
- Instituto de Ciencias del Patrimonio (INCIPIT), Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)
- Direção Regional de Cultura do Norte, Ministerio de Cultura de Portugal
- Direção Geral do Livro, dos Arquivos e das Bibliotecas, Ministro da Cultura de Portugal
- Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro
- Universidade do Porto
- Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia
- Secretaría Xeral de Cultura, Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
- Instituto de Estudos do Territorio (SITGA), Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
- Dirección Xeral de Xustiza, Xunta de Galicia, Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza
- CiTIUS


PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"