PISIXDE: Plataforma intelixente e social para a integración, xestión e difusión de contidos de E-learning

PISIXDE: Plataforma intelixente e social para a integración, xestión e difusión de contidos de E-learning

Descrición

O aprendizaxe continuo, ao longo da vida (lifelong learning) foi identificado pola UNESCO e a Unión Europea como un soporte central da Sociedade do Coñecemento. Na ensinanza orientada a profesionais para que o aprendizaxe sexa efectivo debe ter lugar en calquera momento e en calquera lugar, estar limitado no tempo, e facer uso de contidos educativos concretos. En caso contrario, o proceso de aprendizaxe podería requirir un gran esforzo e interferir co desempeño das actividades profesionais.

Neste marco popularizouse o chamado aprendizaxe rápido (r-learning), baseado no uso de “píldoras formativas” con contidos concretos (en “doses”) e de corta duración que estean adaptadas as necesidades da organización a que pertencen os estudantes. A combinación de r-learning coas redes sociais deu lugar a unha aprendizaxe na que os estudantes xeran e consumen de forma rápida os seus propios recursos educativos (por exemplo, a través de blogs e wikis), etiquetan o contido “formal” proporcionado polo instrutor da plataforma, e se comunican con outros estudantes. Neste aprendizaxe a procura e acceso contextualizado aos recursos educativos e aos usuarios é un punto clave: na medida no que os usuarios e os contidos poidan recuperarse e relacionarse, mellorará o aprendizaxe.

Obxectivos

O principal obxectivo do proxecto consiste no desenvolvemento dunha plataforma software que soporte unha rede social de e-learning na que os usuarios poidan acceder e xerar contidos educativos, así como localizar e relacionarse con outros usuarios da rede social, enriquecendo, desta forma, o seu proceso de aprendizaxe.

O proxecto ten os seguintes subobxectivos:

  • Desenvolver un conxunto de ontoloxías que capturen a semántica dos compoñentes dunha rede social de e-Learning.
  • Facilitar a interoperabilidade da rede social de e-Learning con outras redes sociais.
  • Desenvolver técnicas intelixentes híbridas para a extracción de coñecemento do grafo semántico co que se representa a rede social de e-Learning.
  • Desenvolver unha arquitectura software para o soporte de redes sociais de e-Learning
  • Aplicar a plataforma social de e-Learning a casos reais.

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/09/2009 - 30/08/2011
Consorcio
  • Netex Knowledge Factory (líder)
  • CiTIUS
Financiado porProgramas Sectoriais de Investigación Aplicada. INCITE, Xunta de Galicia, Consellería de Innovación e Industria, PGIDIT09SIN065E
Programas Sectoriais de Investigación Aplicada. INCITE  Xunta de Galicia, Consellería de Innovación e Industria