
Descrición
O proxecto ProDiGen4BI pretende o desenvolvemento dunha plataforma para a xeración de analíticas que resuman a evolución dos procesos de negocio que teñen lugar nas organizacións. Para iso, ProDiGen4BI emprega algoritmos de minería de procesos estado da arte para reconstruír os procesos reais que teñen lugar dentro dunha organización a partir dos rexistros almacenados nos sistemas informáticos.
Obxectivos
A plataforma ProDiGen4BI está baseada en tecnoloxía previa do CiTIUS, sendo o principal obxectivo do proxecto a súa transformación nun produto comercial. Para isto desenvolveranse os seguintes obxectivos específicos:
- Publicar os algoritmos dos que se dispón a través de servizos web.
- Desenvolver unha interface gráfica orientada á xeración de informes sobre a analítica de negocio.
- Acelerar os algoritmos da plataforma para que poidan manexar enormes volumes de datos.
Investigadores
-
- Investigador principal
- Manuel Lama Penín
-
- Investigadores do CiTIUS
- Juan Carlos Vidal Aguiar