Predición de risco en Internet: un corpus de avaliación

Predición de risco en Internet: un corpus de avaliación

Descrición

Actualmente, os cidadáns en todo o mundo están expostos a unha ampla gama de riscos e ameazas e moitos destes riscos son reflectidos en Internet. Algunhas desas ameazas veñen de criminais, asasinos en masa e outros individuos con motivación sexual, racial , relixiosa, entre outras.
Outras ameazas preocupantes teñen a súa orixe nas propias víctimas. Por exemplo, a depresión pode conducir a un trastorno alimentario como anorexia ou ao mesmo suicidio. Nalgúns destes casos, a acción apropiada ou intervención precoz podería ter reducido ou minimizar estes problemas.
O principal obxectivo deste proxecto é iniciar as actividades para a creación de bancos de proba para a avaliación da predición de risco precoz. Pretendemos alentar a investigación sobre novos tipos de tecnoloxías que son potencialmente aplicables a unha ampla gama de temas de interese para a nosa sociedade.

Obxectivos

1) Estudar a adecuación de distintos tipos de repositorios de Internet como fonte de datos para crear colecións de proba para a investigación sobre a previsión de risco precoz.
2) Identificar escenarios de predicción e casos de uso onde construír un banco de probas sexa factible.
3) Deseñar e implementar técnicas de rastrexo (e outros tipos de programas de ordenador para compilación de datos de Internet), que reúnan contidos Internet para crear repositorios centralizados.
4) Establecer unha metodoloxía de avaliación fiable e sólida para valorar a eficacia relativa dos diferentes algoritmos de predición precoz de risco.

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/06/2015 - 31/08/2015
Consorcio
  • Information Retrieval Group, Universidad de Lugano
Financiado porSwiss National Science Foundation, , IZK0Z2_160614