Tecandali: Rede de Tecnoloxías de Datos Lingüísticos

Tecandali: Rede de Tecnoloxías de Datos Lingüísticos

Descrición

A rede de tecnoloxías de datos lingüísticos TecAnDali desenvolve unha contorna de colaboración entre os campos científicos da lingüística, o modelado matemático e a computación co obxectivo de desenvolver novas aproximacións para a análise e a valorización de datos lingüísticos. Esta acción continúa a primeira edición da rede que desenvolveu a súa actividade entre 2012 e 2013.

Obxectivos

Para este período, os obxectivos de TecAnDali serán os seguintes:

Continuar a colaboración entre os membros da rede co obxectivo de identificar liñas de investigación conxuntas.
A promoción de novos proxectos e liñas de investigación.
Mellorar ferramentas previas e desenvolver outras novas.
Promover o desenvolvemento de publicacións interdisciplinares e a participación en workshops e congresos internacionais.
Promover a tutorización de investigadores e estudantes de teses en liñas de investigación interdisciplinares.
Promover a proxección internacional dos membros da rede.

Detalles

Data de execución:01/01/2017 - 31/12/2018
Financiado porRedes de Investigación, Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ED341D R2016/011
Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria