REDPLIR: Rede Galega de Procesamento da Linguaxe Natural e Recuperación de Información

REDPLIR: Rede Galega de Procesamento da Linguaxe Natural e Recuperación de Información

Descrición

A Rede Galega de Procesamento da Linguaxe e Recuperación de Información [RedPLIR], financiada pola Xunta de Galicia e oficialmente constituída o 13/12/2006, está formada por sete grupos de investigación relacionados co Procesamento da Linguaxe Natural e a Recuperación de información, pertencentes ás tres universidades do Sistema Universitario de Galicia. O obxectivo principal é integrar a todos os grupos de investigación da nosa comunidade cuxo ámbito de traballo sexa o descrito, en exclusividade ou como actividade fundamental. Ao tempo, é a nosa intención atraer a outros equipos cuxas achegas sexan de interese para calquera dos membros, e favorecer o establecemento de vínculos estables de colaboración tanto internos como de cara á empresa privada.

Obxectivos

Os obxectivos fixados para os grupos da rede temática inclúen:

  • Unha planificación conxunta de metas, tanto de formación permanente coma de traballo
  • A definición dun protocolo de intercambio de resultados científicos
  • O mantemento dun banco de recursos lingüísticos e informáticos
  • A creación dunha plataforma estábel de proxección do noso traballo
  • O establecemento dun punto común de referencia no campo, tanto dende a nosa comunidade como dende fóra dela
  • Tomar conciencia de que os elementos que nos permitirán avanzar en cada un deses obxectivos xa están dispoñibles

Investigadores

Detalles

Data de execución:13/12/2006 - 31/12/2013
Consorcio
  • Departamento de Informática, Universidade de Vigo (líder)
Financiado porRedes de Investigación, Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, CN-2012-319
Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria