RENDER: Novo modelo de render remoto

RENDER: Novo modelo de render remoto

Descrición

O proxecto RENDER pretende acometer un completo e exhaustivo Estudo de Viabilidade acerca das posibilidades de poder desenvolver e implantar un modelo viable e sostible de Render a distancia para a industria de animación, que inclúa as tecnoloxías, arquitecturas de sistemas, capacidades de investigación, desenvolvemento e produción, así como as infraestruturas de todo tipo requiridas e necesarias para facer factible que calquera Estudo de Animación 3D teña a posibilidade de ampliar de xeito áxil a súa capacidade de Render, segundo as súas necesidades e en calquera momento.

Obxectivos

O proxecto RENDER fíxase como obxectivo primordial e clave a elaboración dun completo Estudo de Viabilidade que permita mellorar e facer factible un servizo de Render Remoto que aporte:

  1. Unha importante innovación tecnolóxica no conxunto produto-servizo.
  2. Un modelo de negocio que garanta a súa factibilidade e sustentabilidade, tanto competitiva como de eficiencia enerxética, aportando á súa vez os valores diferenciais e intanxibles que demanda o sector.
  3. A garantía de interoperabilidade entre os sistemas dos diferentes actores do proceso.
  4. Un marcado enfoque centrado no usuario («User-Centric»).

A finalidade do proxecto é analizar a viabilidade tecnolóxica, así como o modelo de negocio baseado na utilización de recursos externos localizados en Centros con gran capacidade e potencia de cálculo, permitindo deste xeito ós Estudos aforrar na compra de hardware, software, mantemento e as infraestruturas necesarias para albergar as Granxas de Render, ofrecendo unha alta dispoñibilidade de potencia de cálculo para o proceso de Render, e aportando deste xeito flexibilidade, adaptabilidade e competitividade ás empresas do sector, ó tempo que se implantan e desenvolven modelos de sustentabilidade e eficiencia enerxética.

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/11/2009 - 31/10/2010
Consorcio
  • Cluster Audiovisual Galego (líder)
  • CESGA
  • Ficción Producciones
  • Interacción Comunicación Interactiva Multimedia
  • R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.
  • CiTIUS
Financiado porPlan Avanza 2, Ministerio de Industria, Turismo y Comercio (MITYC), TSI-020110-2009-321
Plan Avanza 2  Ministerio de Industria, Turismo y Comercio (MITYC) Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Programas científicos