SEADDA: Salvando a arqueoloxía europea dunha Idade Oscura Dixital

SEADDA: Salvando a arqueoloxía europea dunha Idade Oscura Dixital

Descrición

Europa ten a prioridade de ofrecer de maneira aberta e libre a información arqueolóxica. Con todo, carécese de repositorios apropiados e persistentes. Debido á fraxilidade da información dixital e a non replicabilidade da maioría da investigación arqueolóxica, córrese o risco de que unha xeración de investigación en arqueoloxía acabe nunha “Idade Escura Dixital”. A clave para mitigar esta crise é atraer aos arqueólogos e especialistas en xestión de datos cara a unha acción colaborativa que lles permita compartir experiencias e crear os recursos necesarios para encarar o problema da forma máis apropiada nos seus propios países. Por outra banda, aínda que existen estándares internacionais que deberían ser utilizados, non existe unha forma única de construír un repositorio. Para ter éxito, os arqueólogos deberían estar no corazón do proceso de toma de decisións de como os seus datos deben ser arquivados para garantir a súa reutilización cando sexa posible. SEADDA resultará vital para establecer unha área de investigación prioritaria en arquivado, diseminación e acceso aberto para a reutilización de información arqueolóxica. Esta Cost Action inclúe 26 integrantes provenientes de países membros de COST e 4 integrantes provenientes de países asociados. Permitirá a creación dunha rede interdisciplinar de arqueólogos e científicos da computación, expertos en manexo de datos arqueolóxicos e na diseminación e reutilización de datos abertos. Ademais, os participantes na acción colaborarán no desenvolvemento de publicacións e materiais para establecer a estado da arte do arquivado de información arqueolóxica en Europa así como recomendacións para mitigar a presente crise en arquivado de información. Organizaranse reunións e eventos formativos que permitirán que os arqueólogos dos países involucrados con experiencia en arquivado traballen con arqueólogos doutros países que non dispoñen, ou dispoñen de poucas posibilidades para o arquivado dixital, de forma que poidan compartir os seus coñecemento e crear un diálogo dentro de e entre os diferentes países, co fin último de avanzar de forma conxunta.

Investigadores

    • Coordinador da rede
    • Julian D. Richards

Detalles

Data de execución:04/03/2019 - 03/03/2023
Consorcio
  • University of York (líder)
  • CiTIUS
Financiado porCOST-European Cooperation in Science and Technology, European Commission, CA18128
COST-European Cooperation in Science and Technology  European Commission

Programas científicos