SAWS: Desenvolvemento dun servizo de análise espacial e a súa aplicación na implementación dun sistema de xestión de hábitats humanos

SAWS: Desenvolvemento dun servizo de análise espacial e a súa aplicación na implementación dun sistema de xestión de hábitats humanos

Descrición

Este proxecto ten dous obxectivos científicos principais: investigar o a posta en marcha dun servizo web para a análise de datos espaciais, é dicir, un Spatial Analysis Service (SAS); e desenvolver un Sistema de Análise de Hábitats Humanos (SAHH) que permitirá aos usuarios realizar unha análise das condicións das entidades poboacionais no rural de Galicia.

Entre os desafíos que presenta este proxecto é preciso destacar os seguintes: deseño dunha arquitectura software para o SAS, definir unha linguaxe para a especificación dos procedementos de análise espacial, deseñar estruturas de datos espaciais eficientes para a gravación de datos heteroxéneos e elementos multimedia, e o deseño de algoritmos para as operacións precisas de análise espacial.

O desenvolvemento do SAS ten unha aplicación importante e inmediata para moitos problemas reais, de feito, este proxecto será obxecto dunha transferencia de tecnoloxía inmediata. Ademais, o SAHH permitirá probar e validar o SAS cunha aplicación real e o estudo das características das entidades de poboación rural en Galicia. Esta análise é importante dende o punto de vista do territorio galego, porque o exame detallado dos resultados permitirá estimular os núcleos rurais de poboación e paliar o éxodo rural, aumentando o valor do patrimonio arquitectónico galego.

Obxectivos

  • Estudo de tecnoloxías, ferramentas e metodoloxías para o desenvolvemento de aplicacións software que xestionen información espacial, co emprego de sistemas de información xeográfica.
  • Desenvolemento dun servizo web para a análise de datos espaciais -(Spatial Analysis Service (SAS)- almacenados en fontes de datos distribuídas en servizos web que cumpren cos estándares do Open Geospatial Consortium (OGC).
  • Desenvolemento dun Sistema de Análise de Hábitats Humanos (SAHH) que permita a análise das condicións das entidades da poboación rural de Galicia.

Investigadores

    • Investigadores externos
    • Moisés Vilar Vidal
    • Alejandro José Tobar Quintanar
    • Pedro José Saco López
    • María Jesús López Otero
    • Robertus Johannes Willemse

Detalles

Data de execución:01/01/2011 - 31/10/2013
Consorcio
  • Laboratorio de Bases de Datos, Universidade da Coruña (líder)
  • CiTIUS
Financiado porProyectos de Investigación Fundamental no Orientada, Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN), TIN2010-21246-C02-02
Proyectos de Investigación Fundamental no Orientada  Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN)