SIFREMO: Sistema interactivo de fotografiado e representación da moda

SIFREMO: Sistema interactivo de fotografiado e representación da moda

Descrición

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento de novos procesos para a optimización do tempo de creación de catálogos de moda on-line e está sendo desenvolto en colaboración coa empresa Antali Technologies, propietaria do portal www.tenestilo.com. Con este obxectivo investigarase no uso de técnicas de visión artificial para a automatización do proceso de recorte, encadre e compresión das fotografías de pezas e complementos. Así mesmo, realizarase un estudo das diferentes técnicas de iluminación e fotografado que poidan resultar máis adecuadas para a automatización do procesado de imaxe asociadas aos elementos do catálogo.

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/06/2013 - 28/02/2014
Financiado porRedes de Investigación, Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN), ANTALI001
Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN)
Contratado por: Antali Technologies S.L
374.png