
Descrición
O obxectivo do proxecto é o estudio da viabilidade e prestacións da detección de obxectos de interese visibles dende a Torre de Control dun aeroporto civil, utilizando técnicas de Deep Learning e outras técnicas de IA. O proxecto determinará a viabilidade e prestacións de diferentes algoritmos aplicados a este contexto, así como a metodoloxía para adaptar e axustar o seu funcionamento nas condicións específicas de operación do sistema de control de aeroportos de Indra.
Investigadores
-
- Investigadores Principais
- Víctor Manuel Brea Sánchez
- Manuel Mucientes Molina
Detalles
