Small Target Detection

Small Target Detection

Descrición

A detección de obxectos pequenos pode definirse como a localización dos obxectos máis pequenos discernibles por un humano. A utilización de técnicas computacionais para a detección deste tipo de obxectos representa un reto moi importante para os sistemas actuais de visión artificial.

Actualmente, existe unha demanda crecente para o desenvolvemento de tecnoloxía para o sector da seguridade, tanto por parte dos integradores destas solucións como polas empresas e usuarios finais. Grazas aos desenvolvementos que se realizarán no marco deste proxecto contratado por Gradiant, será posible ampliar as capacidades dos actuais sistemas de videovixilancia intelixente, para poder abordar aplicacións como a detección temperá de ataques con drons, as operacións de procura e rescate no mar e a monitorización do tráfico marítimo dende UAVs.

Obxectivos

O proxecto conta cos seguintes obxectivos específicos:

  • Desenvolver un sistema de detección de obxectos pequenos en vídeo, que poida funcionar en contornas marítimas e aéreas.
  • Desenvolver unha solución embarcable desta tecnoloxía.

Investigadores

Detalles

Data de execución:20/11/2017 - 19/11/2018
Contratado por: Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT)

Programas científicos