
Descrición
Neste proxecto abórdanse algúns dos desafíos suscitados nas arquitecturas de altas prestacións, entre as que incluímos os procesadores multinúcleo e manycore, as tarxetas gráficas e as FPGAs por unha banda, e a computación cloud e o paradigma Big Data por outra. As solucións propostas validaranse sobre aplicacións de especial interese en diferentes ámbitos. Así, os desafíos organízanse en dous grupos tanto a nivel de sistema como de software de aplicacións: Solucións para o procesamento de aplicacións de computación masiva e Solucións HPC e cloud para o procesamento do Big Data.
Obxectivos
Os obxectivos xerais do proxecto organizáronse en dous grupos, cuxo nexo común é o desenvolvemento de solucións optimizadas para arquitecturas HPC e Cloud respectivamente:
- Solucións para o procesamento de aplicacións de computación masiva.
- Solucións HPC e Cloud para o procesamento do Big Data.
Para o primeiro deles abórdanse os seguintes 7 obxectivos:
- Análise, modelado e optimización do rendemento en sistemas multicore e manycore.
- Procesamento eficiente de datos LiDAR en multicores e manycores.
- Técnicas baseadas en Deep Learning para a clasificación en tempo real de datos multidimensionales.
- Análise temporal de conxuntos de datos multidimensionales.
- Técnicas de rexistrado de conxuntos de datos multidimensionales.
- Implementación de técnicas de optimización de simuladores numéricos sobre arquitecturas avanzadas.
- Procesamiento eficiente de imaxes biomédicas.
Para o segundo abórdanse os seguintes 3 obxectivos:
- Solucións Big Data para aplicacións computacionalmente intensivas.
- Novas arquitecturas para o despregue de solucións Big Data.
- Desenvolvemento de técnicas de optimización de simuladores numéricos en contornas Cloud.
Investigadores
-
- Investigadores Principais
- Francisco Fernández Rivera
- José Carlos Cabaleiro Domínguez
-
- Investigadores do CiTIUS
- Antonio García Loureiro
- David López Vilariño
- Dora Blanco Heras
- Pablo García Tahoces
- Tomás Fernández Pena
- Pablo Quesada Barriuso
- Óscar García Lorenzo
- Guillermo Indalecio Fernández
- Fernando Gómez Folgar
- Montserrat Fortes Ouviña
- Javier López Fandiño
- José Manuel Abuín Mosquera
- Jorge Alberto Suárez Garea
- Jorge Martínez Sánchez
- Feras Mahmoud Awaysheh
-
- Investigadores externos
- Francisco Argüello Pedreira
- Elisardo Antelo Suárez
Detalles



PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"
Publicacións
- LBMA and IMAR2: Weighted lottery based migration strategies for NUMA multiprocessing servers Concurrency and Computation: Practice and Experience, 2021
- GPU-Accelerated Registration of Hyperspectral Images Using KAZE Features Journal of Supercomputing, 2020
- Exploring the MSER-based hyperspectral remote sensing image registration Image and Signal Processing for Remote Sensing XXVI, 2020
- Ver todas