TecAnDaLi: Rede de Tecnologías de Datos Lingüísticos

TecAnDaLi: Rede de Tecnologías de Datos Lingüísticos

Descrición

A rede de tecnoloxías de datos lingüísticos TecAnDali desenvolve unha contorna de colaboración entre os campos científicos da lingüística, o modelado matemático e a computación co obxectivo de desenvolver novas aproximacións para a análise e a valorización de datos lingüísticos. Esta acción continúa a primeira edición da rede que desenvolveu a súa actividade entre 2012 e 2013.

Obxectivos

Para este período, os obxectivos de TecAnDali serán os seguintes:

  • Continuar a colaboración entre os membros da rede co obxectivo de identificar liñas de investigación conxuntas.
  • A promoción de novos proxectos e liñas de investigación.
  • Mellorar ferramentas previas e desenvolver outras novas.
  • Promover o desenvolvemento de publicacións interdisciplinares e a participación en workshops e congresos internacionais.
  • Promover a tutorización de investigadores e estudantes de teses en liñas de investigación interdisciplinares.
  • Promover a proxección internacional dos membros da rede.

Detalles

Data de execución:01/01/2014 - 31/12/2015
Financiado porRedes de Investigación, Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, R2014_007
Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria