TELGalicia: Technology-Enhanced Learning en Galicia

TELGalicia: Technology-Enhanced Learning en Galicia

Descrición

A rede TELGalicia (Technology‐Enhanced Learning Galicia) procura mellorar a utilización das tecnoloxías nas aulas a través non só da innovación tecnolóxica senón tamén da innovación pedagóxica e da axeitada ligazón entre ámbalas dúas. TELGalicia Integra 13 grupos de investigación, 7 grupos da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo, 3 grupos de universidades españolas e 3 grupos de universidades estranxeiras.

Obxectivos

Os obxectivos fixados para os grupos da rede temática inclúen:

  • Acadar un conxunto significativo de recursos educativos baseados nas TIC (por exemplo: contidos multimedia, xogos, animacións), que ademais sexan de calidade contrastada a través da súa avaliación en experiencias prácticas.
  • Probar e promover actividades e plans educativos (con guías de boas prácticas para os docentes sobre a utilización de novas tecnoloxías) que a modo de bancos de ideas/exemplos faciliten e motiven ós docentes na utilización de recursos referidos no obxectivo anterior.
  • Probar e promover novos sistemas de e‐learning máis flexibles que lles faciliten ós docentes de primaria e secundaria o desenvolvemento docente das actividades, plans educativos e recursos indicados nos dous obxectivos anteriores por parte dos docentes.
  • Contribuír á formación do profesorado no manexo das TIC na aula.
  • Probar e promover o uso de sistemas de procura de información, asistentes e recomendación que faciliten o achegamento de docentes e alumnos a novos recursos baseados nas TIC, tendo en conta as súas competencias e os seus medios dispoñibles no seu contexto.

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/12/2012 - 31/12/2013
Consorcio
  • Departamento de Enxeñería Telemática, Universidade de Vigo (líder)
  • CiTIUS
Financiado porRedes de Investigación, Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, CN-2012-259
Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria