TELGalicia: TELGalicia: Technology-Enhanced Learning en Galicia

TELGalicia: TELGalicia: Technology-Enhanced Learning en Galicia

Descrición

A rede TELGalicia (TechnologyEnhanced Learning Galicia) busca mellorar a utilización das tecnoloxías nas aulas a través non só da innovación tecnolóxica, senón tamén da innovación pedagóxica e da axeitada unión entre ambas as dúas.

Esta acción renova a primeira concesión da rede, que desenvolveu a súa actividade entre os anos 2012 e 2013. Con esta nova reedición a rede ampliouse con outros dous socios. Ademais a rede conta coa participación de diversos grupos nacionais e europeos.

Dende o seu arranque en 2012, a rede centrou os seus esforzos a nivel de investigación no desenvolvemento de solucións para apoiar a docencia en primaria e secundaria. O resultado máis destacado foi Edu-AREA, unha aplicación web na que se seguen os principios da Web 2.0 (social) e se aplican as tecnoloxías da Web 3.0 (semántica).

Obxectivos

Dentro do contexto de Edu-AREA, os obxectivos principais son:

  • Desenvolver experiencias en centros educativos con profesores que utilicen a aplicación na súa docencia.
  • Definir un marco de referencia sobre competencias do profesorado a nivel tecnolóxico para guiar a innovación docente.
  • Estudar e introducir mecanismo que permitan avaliar e asegurar a calidade.
  • Estudar e introducir mecanismos que favorezan a participación activa dos docentes.

Por outra parte, tamén se promoverán experiencias noutras tecnoloxías innovadoras, prestando especial atención a todas aquelas que impliquen técnicas de analítica de aprendizaxe que estuden o comportamento de profesores e alumnos durante a realización das clases.

Detalles

Data de execución:01/01/2014 - 31/12/2015
Financiado porRedes de Investigación, Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, R2014-029
Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria