TeTXT: Rede de Tecnoloxías da Información Xeoespacial para a Xestión Territorial

TeTXT: Rede de Tecnoloxías da Información Xeoespacial para a Xestión Territorial

Descrición

A rede agrupa investigadores integrados en grupos de investigación complementarios e especializados en diferentes tecnoloxías xeospaciais. Actualmente a rede está integrada por tres grupos da Universidade de Santiago de Compostela e dous da Universidade da Coruña.

Obxectivos

O obxectivo da rede proposta é proporcionar información, servizos e produtos destinados á xestión intelixente do territorio nos seguintes sectores de actividade:

  • Infraestruturas e ordenación territorial: aplicacións para a xestión de infraestruturas, plan municipal, xestión de riscos, etc.
  • Sociedade da información: ferramentas para a mellora dos fluxos de información na explotación, xestión e comercialización de recursos do medio físico e na participación cidadá.
  • Enerxía e comunicacións: aproveitamento de biomasa, deseño de liñas de transporte de enerxía e redes de comunicacións, análise de eficiencia do transporte, etc.

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/01/2012 - 31/12/2013
Consorcio
  • Laboratorio do Territorio, Universidade de Santiago de Compostela (líder)
  • CiTIUS
Financiado porRedes de Investigación, Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, CN2012-323
Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Programas científicos