Towards an EU research framework on forensic psychiatric care

Towards an EU research framework on forensic psychiatric care

Descrición

A atención na psiquiatría forense ten como obxectivo a mellora da saúde mental e a redución do risco de reincidencia dos delincuentes con problemas mentais. Nalgúns destes casos necesítase atención psiquiátrica durante períodos moi longos, ata toda a vida. Debido aos diferentes marcos legais, políticas e recursos nos países COST, os programas de tratamento e coidados varían sustancialmente. A acción proposta suscita o establecemento dunha rede europea de investigadores, clínicos e provedores de servizos na atención psiquiátrica forense ao longo da vida. A rede está aberta a practicantes e expertos de diferentes disciplinas e en diferentes estados da súa vida laboral.

Obxectivos

Na rede, Investigadores e clínicos unirán os seus coñecementos e investigación para establecer as bases para a avaliación comparada, a investigación en tratamentos efectivos e o desenvolvemento das mellores prácticas na aplicación da psiquiatría forense ao longo da vida en Europa. Isto conducirá ao desenvolvemento de políticas para a aplicación de servizos forenses eficaces en custo, o desenvolvemento de prácticas baseadas na evidencia e a melloa das atención e a calidade de vida dos pacientes.

Investigadores

Detalles

Data de execución:21/10/2013 - 20/10/2017
Páxina web http://lfpc-cost.eu/
Consorcio
  • Pompe Foundation (líder)
  • CiTIUS
Financiado porCOST-European Cooperation in Science and Technology, European Commission, Action-IS1302
COST-European Cooperation in Science and Technology  European Commission

Programas científicos