Un contorno de saúde integrador e ubicuo para a autoxestión da enfermidade crónica

CARE-U: Un contorno de saúde integrador e ubicuo para a autoxestión da enfermidade crónica

Descrición

A sustentabilidade dos sistemas públicos de saúde vese ameazada por diferentes factores‚ entre os que se atopa o continuo envellecemento da poboación e o consecuente incremento na prevalencia das enfermidades crónicas‚ abrindo un intenso debate sobre a necesidade de novos modelos de coidados. A autoxestión da enfermidade aparece como un novo paradigma de coidado onde os pacientes crónicos deben aprender como levar a cabo as actividades da súa vida diaria dun xeito óptimo con respecto ás súas limitacións fisiolóxicas e como reducir a severidade das súas enfermidades por medio da adaptación do seu estilo de vida ás súas condicións.

O obxectivo principal deste proxecto é o deseño e implementación de CARE-U‚ unha contorna integradora para o desenvolvemento‚ validación‚ avaliación e despregamento dunha nova xeración de servizos de saúde de carácter ubicuo‚ chamados a incrementar a relevancia dos pacientes na xestión da súa enfermidade. A contorna proposta baséase nunha arquitectura aberta previa‚ que dialoga con múltiples dispositivos médicos e que facilita a incorporación de servizos de terceiros‚ nunha implementación destinada a dispositivos móbiles de consumo doméstico.

Obxectivos

Os obxectivos específicos do proxecto son os seguintes:

  1. Propor‚ deseñar e desenvolver un novo framework temporal baseado en razoamento abductivo para a interpretación de biosinais.
  2. Propor‚ deseñar e desenvolver unha ferramenta de edición colaborativa para os plans de saúde‚ con soporte para estratexias de gamificación.
  3. Propor‚ deseñar e desenvolver novos procedementos de minaría de datos temporal orientados ao descubrimento de excepcións‚ que serán integrados na plataforma CARE-U.
  4. Deseñar e desenvolver a plataforma que incluirá todas as características e funcionalidades requiridas para alcanzar os obxectivos do proxecto.
  5. Avaliar a plataforma nun caso real de autoxestión da enfermidade no fogar.
  6. Desenvolver os mecanismos e protocolos para garantir a lexislación española relativa á privacidade de datos médicos.

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/01/2015 - 31/12/2017
Funded by Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad, Ministerio de Economía y Competitividad
PO FEDER Galicia 2014-2020 — Unha maneira de facer Europa
Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad;;;PO FEDER Galicia 2014-2020 — Unha maneira de facer Europa  Ministerio de Economía y Competitividad
PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"