CARE-U: Un contorno de saúde integrador e ubicuo para a autoxestión da enfermidade crónica

CARE-U: Un contorno de saúde integrador e ubicuo para a autoxestión da enfermidade crónica

Descrición

A sustentabilidade dos sistemas públicos de saúde vese ameazada por diferentes factores, entre os que se atopa o continuo envellecemento da poboación e o consecuente incremento na prevalencia das enfermidades crónicas, abrindo un intenso debate sobre a necesidade de novos modelos de coidados. A autoxestión da enfermidade aparece como un novo paradigma de coidado onde os pacientes crónicos deben aprender como levar a cabo as actividades da súa vida diaria dun xeito óptimo con respecto ás súas limitacións fisiolóxicas e como reducir a severidade das súas enfermidades por medio da adaptación do seu estilo de vida ás súas condicións.

O obxectivo principal deste proxecto é o deseño e implementación de CARE-U, unha contorna integradora para o desenvolvemento, validación, avaliación e despregamento dunha nova xeración de servizos de saúde de carácter ubicuo, chamados a incrementar a relevancia dos pacientes na xestión da súa enfermidade. A contorna proposta baséase nunha arquitectura aberta previa, que dialoga con múltiples dispositivos médicos e que facilita a incorporación de servizos de terceiros, nunha implementación destinada a dispositivos móbiles de consumo doméstico.

Obxectivos

Os obxectivos específicos do proxecto son os seguintes:

  1. Propor, deseñar e desenvolver un novo framework temporal baseado en razoamento abductivo para a interpretación de biosinais.
  2. Propor, deseñar e desenvolver unha ferramenta de edición colaborativa para os plans de saúde, con soporte para estratexias de gamificación.
  3. Propor, deseñar e desenvolver novos procedementos de minaría de datos temporal orientados ao descubrimento de excepcións, que serán integrados na plataforma CARE-U.
  4. Deseñar e desenvolver a plataforma que incluirá todas as características e funcionalidades requiridas para alcanzar os obxectivos do proxecto.
  5. Avaliar a plataforma nun caso real de autoxestión da enfermidade no fogar.
  6. Desenvolver os mecanismos e protocolos para garantir a lexislación española relativa á privacidade de datos médicos.

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/01/2015 - 31/12/2017
Financiado porRetos Sociedad, Ministerio de Economía y Competitividad, TIN2014-55183-R
Ministerio de Economía y Competitividad Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)